País Vasco
O Concello de Irún pon en marcha dúas novas campañas dentro do seu programa de fomento do éuscaro
O Concello de Irún puxo en marcha dúas campañas dirixidas ao fomento do uso do éuscaro en establecementos de hostalería e tendas de doces da cidade.
Fonte: Diario Vasco
Publican manuais de conversación en éuscaro para ingleses e franceses
O filólogo de Gasteiz Garikoitz Knörr de Santiago acaba de publicar senllos manuais de conversación inglés-éuscaro e francés-éuscaro. Xa hai dez anos escribira unha guía similar castelán-éuscaro.
Fonte: Diariovasco
Colectivos en favor do éuscaro convocan unha concentración en Donostia
Euskal Herrian Euskaraz e Bai Euskal Herriari convocaron unha concentración contra a política sobre o éuscaro do Concello de Donostia que, baixo o lema 'Odon, you need Spain, baina gu euskaldunak gara! (Odón, ti necesitas España, pero nós somos vascos), se celebra o venres 20 de agosto.
Fonte: Deia
Denuncian ante a Inspección de Traballo o bloqueo do plan para fomentar o éuscaro en Metro Bilbao
O comité de empresa denunciou ante a Inspección de Traballo a paralización en que se atopa o Plan de Éuscaro que debía poñerse en marcha dentro de Metro Bilbao.
Fonte: Deia
O Concello de Bilbao enviará 5.600 folletos a varias familias para sensibilizalas sobre a importancia do éuscaro
A área de Éuscaro do Concello de Bilbao enviará cerca de 5.600 folletos informativos a domicilios de familias con fillos nacidos en 2008 e 2009, co obxectivo de "sensibilizar os pais e nais sobre a importancia de fomentar o uso do éuscaro no contorno familiar".
Fonte: Europa Press
O Departamento vasco de Educación impulsa a produción de material dixital en éuscaro
O Departamento de Educación convocou axudas por importe de 756.558 euros para a produción de materiais escolares dixitais en éuscaro de niveis non universitarios, co fin de que poidan ser usados polos profesores a través da web "Eskola 2.0".
Fonte: ABC
A Consellería de Educación do Goberno vasco amplía a máis colexios o marco de ensino trilingüe
O Goberno vasco abrirá nos próximos meses unha nova convocatoria para dar a máis centros educativos a oportunidade de experimentar o novo modelo trilingüe, que utiliza o castelán, o éuscaro e o inglés como linguas instrumentais para impartir as ensinanzas.
Fonte: Diario Vasco
As familias vascas apostan de forma maioritaria polo éuscaro para educar os seus fillos
Os datos de matriculación do curso 2010-2011 corroboran, un ano máis, a tendencia da última década: as familias vascas apostan maioritariamente polo ensino en éuscaro -principalmente polo modelo D- e que o modelo A está en franco declive nas preferencias de pais e nais.
Fonte: Deia
O 94 % das reclamacións ao Servizo vasco para a Garantía de Dereitos Lingüísticos foi por falta de atención ao éuscaro
O Servizo vasco para a Garantía de Dereitos Lingüísticos, Elebide, rexistrou en 2009 225 incidencias, das cales o 94 % foron queixas pola falta de atención en éuscaro.
Fonte: El Mundo
A Ertzaintza adopta un sistema que permite a tradución de 51 linguas
A Ertzaintza fixo oficial e comezou a estender a todos os seus centros un sistema telefónico de tradución simultánea para atender a cidadáns estranxeiros, despois de comprobar a súa eficacia durante os últimos seis meses, informou o departamento vasco de Interior.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín