País Vasco
A Deputación de Biscaia crea unha comisión para apoiar as asociacións que traballan a favor do éuscaro
O Consello de Goberno da Deputación Foral de Biscaia acordou crear a comisión “Euskara Bizia” co fin de apoiar as asociacións que traballan a favor do éuscaro neste territorio histórico e coordinar as actuacións.
Fonte: Europa Press
O 91 % dos empregados públicos vascos non supera a proba de perfil de éuscaro
A última convocatoria de exames para obter o perfil lingüístico de éuscaro na Administración vasca bateu todas as marcas de suspensos. Dos 814 traballadores de diferentes institucións e organismos públicos que se presentaron para acreditar algún nivel, suspendeu o 91,2 %.
Fonte: Diario Vasco
Un estudo afirma que saber éuscaro dá máis oportunidades, pero non proporciona máis prestixio
O éuscaro é unha lingua cara á que a maioría dos vascos ten unha actitude moi positiva, aínda que o vínculo que establecen con ela garda máis relación coa súa utilidade (o 87 % cre que saber éuscaro dá máis oportunidades) que coa afectividade ou co prestixio (só o 45 % cre que saber éuscaro o proporciona).
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco manterá o seu apoio ao éuscaro no País Vasco francés
O Goberno vasco e a Oficina Pública da Lingua Vasca francesa firmaron un acordo de colaboración en materia de éuscaro co obxectivo de potenciar o número de falantes de vasco no País Vasco francés.
Fonte: ABC
A homologación de títulos en éuscaro estará lista a finais de 2012
O Goberno vasco porá en marcha no curso 2011-2012 o proceso para conceder titulacións homologadas de éuscaro aos alumnos do "modelo D", é dicir, aqueles que estudan integramente nesta lingua, sen necesidade de que se sometan a exames específicos para as acreditacións oficiais de coñecemento do éuscaro.
Fonte: eitb
O número de persoas que participa nos programas que ofrecen practicar o éuscaro triplicouse en cinco anos
Pasaron case dúas décadas desde que o primeiro programa de Mintzapraktika se puxo en marcha en San Sebastián. Na actualidade, hai máis de medio centenar de programas en funcionamento e, aínda que a maioría corresponde a iniciativas de ámbito local implantadas por asociacións tamén locais que traballan na promoción do uso do éuscaro, non faltan empresas, hospitais ou centros educativos que levaron á práctica os seus propios programas.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco busca que o éuscaro sexa a lingua invitada na Feira Expolangues de París do ano 2013
O Goberno vasco acudiu á Feira Expolangues de París para reunirse cos responsables deste evento dos idiomas e lograr un acordo para que o éuscaro sexa a lingua invitada na edición de 2013.
Fonte: Europa Press
Unha campaña busca sensibilizar os pais sobre a importancia da lectura en éuscaro
O Goberno vasco puxo en marcha o programa Bularretik mintzora (“do peito á fala”) co obxectivo de sensibilizar os pais sobre a importancia da lectura en éuscaro desde a primeira infancia.
Fonte: El País
O Concello de Bilbao impulsa o éuscaro con varios xogadores do Athletic
O Concello de Bilbao impulsa o uso do éuscaro fóra dos centros escolares con obradoiros impartidos por varios dos xogadores e xogadoras do Athletic Club.
Fonte: El Mundo
O Congreso avala cambiar ao éuscaro o nome dos tres territorios vascos
O Congreso dos Deputados avalou a denominación oficial en éuscaro dos tres territorios históricos vascos, que, unha vez remate a tramitación parlamentaria, pasarán a chamarse Araba/Álava, Gipuzkoa e Bizkaia.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín