País Vasco
Preséntanse as medicións das políticas lingüísticas realizadas por 66 concellos do País Vasco
Kontseilua, o Consello dos Organismos Sociais do Éuscaro, presentará os resultados da medición das políticas lingüísticas realizadas en 2010 en municipios de todo o territorio vasco.
Fonte: Noticias de Álava
Só dúas de cada dez familias vascas utilizan o éuscaro para comunicarse
Preguntados pola lingua na que acostuman falar habitualmente coa familia, o 77% dos vascos responde que “única ou principalmente” en castelán. O 11% faino en éuscaro e castelán indistintamente e outro 11% principalmente en éuscaro, co que son só dúas de cada dez familias as que utilizan esta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Os Premios Extraordinarios de Bacharelato do País Vasco incluirán cursos de linguas no estranxeiro
O Goberno vasco convocou os Premios Extraordinarios de Bacharelato, cuxos gañadores poderán participar nun programa de aprendizaxe de diversas linguas no estranxeiro e se repartirán 14.000 euros.
Fonte: 20 minutos
Kontseilua observa un «retroceso» na promoción do éuscaro
O Consello dos Organismos Sociais do Éuscaro, Kontseilua, denuncia que as administracións «non avanzaron na normalización do éuscaro» e tomaron medidas que «poden ser consideradas un retroceso», como reducir as axudas para o seu estudo.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco destina 428 000 euros á produción editorial de carácter literario en éuscaro
O Departamento de Cultura colaborará coas empresas editoriais mediante a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos derivados da edición en éuscaro, co fin de estimular a súa difusión e incentivar a publicación de obras literarias en éuscaro.
Fonte: Europa Press
O Goberno vasco destina 629.000 euros para fomentar o uso do éuscaro e reforzar a expresión oral
O Goberno vasco aprobou a orde pola que se convocan axudas para fomentar o uso do éuscaro nas actividades extra académicas e o afianzamento idiomático, dotadas con 367.000 euros. Tamén destinou outros 262.000 euros para reforzar a expresión oral destinada á euscaldunización do ámbito escolar durante o curso 2011-2012.
Fonte: 20 minutos
Varios colectivos piden aos partidos políticos máis medidas para normalizar o éuscaro en Vitoria
Unha decena de colectivos de Vitoria pediron aos partidos a súa involucración no labor de normalizar o éuscaro na cidade. «É un compromiso que adquiriron hai catro anos e aínda non se cumpriu», sinalaron portavoces de AEK, IKA e Euskal Herrian Euskaraz, entre outras agrupacións.
Fonte: El Correo
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia reúnese no Parlamento de Euskadi coa súa homóloga vasca
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e a viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lourdes Auzmendi, mantiveron un encontro institucional na sede do Parlamento de Euskadi.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis de 300 estudantes aprenden lingua e cultura galegas en universidades do País Vasco
Máis de 300 estudantes aprenderon lingua e cultura galegas en universidades do País Vasco durante o curso académico 2010-2011. Fixérono a través dos centros de estudos galegos cos que conta actualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística na Universidade do País Vasco (UPV) e mais na Universidade de Deusto.
Fonte: Xunta de Galicia
O modelo educativo trilingüe utilizarase en 118 centros de Euskadi o próximo ano
Que se domine o castelán, éuscaro e unha terceira lingua, principalmente, inglés. Este é o obxectivo do proxecto educativo trilingüe que pretende estender o Goberno vasco. Ás 40 escolas nas que xa se imparte a experiencia de educación trilingüe de forma piloto, o ano que vén sumaranse 78 novos centros, entre públicos e privados.
Fonte: ADN
Boletín
Subscríbase ao boletín