País Vasco

O Departamento vasco de Cultura presenta 14 novos dicionarios e a versión renovada de Euskalterm

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco publicou 14 novos dicionarios terminolóxicos aprobados pola Comisión de Terminoloxía do Consello Asesor do Éuscaro. Ademais, completou a nova versión do Banco Terminolóxico Público Vasco Euskalterm, utilizando diferentes interfaces e dotándoo de novas funcións.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O 70 % dos guipuscoanos que se presenta á selectividade realizará o exame en éuscaro

As probas de acceso á universidade inícianse o mércores día 8 de xuño en Euskadi e 3191 alumnos guipuscoanos presentaranse aos exames de selectividade. Destes, 2201 (o 70 %) farán a proba en éuscaro, mentres que os 856 restantes a realizarán en castelán.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A Radio Televisión Vasca (EiTB) aposta pola promoción do éuscaro

Desde os seus inicios, EiTB asumiu o compromiso de impulsar o emprego e a normalización do éuscaro entre a sociedade vasca.

Fonte: EiTB

País Vasco

Euskaltzaindia publica a súa listaxe de nomes oficiais das vilas vascas

Euskaltzaindia, a Academia da Lingua Vasca, presentou o seu “Euskal Herriko Udalen Izendegia” (Nomenclátor de municipios de Euskal Herria), que inclúe as denominacións das vilas de todos os territorios do éuscaro: Comunidade Autónoma de Euskadi, Navarra e Iparralde.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Aumenta o número de usuarios que emprega as TIC en éuscaro

O número de usuarios que emprega as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na lingua vasca duplicouse nos dez últimos anos, acadando os 200.000 internautas. A conselleira de Cultura, Blanca Urgell, presentou no Parlamento vasco o informe EPBN: Indicadores sobre a situación e evolución do éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

Microsoft adapta tres novos produtos de software ao éuscaro

A partir de agora as ferramentas Office 2010, Sharepoint 2010, Dynamics CRM 2011 e CRM Online estarán dispoñibles en éuscaro e poderanse descargar desde as webs www.microsoft.es/eus e www.euskara.euskadi.net/euakara_soft.

Fonte: ABC

País Vasco

O Parlamento vasco rexeita "as medidas sancionadoras e coercitivas no ámbito lingüístico"

O Parlamento vasco reafirmouse na necesidade de "eliminar as medidas coercitivas e sancionadoras no ámbito lingüístico", un pronunciamento que se produce un día despois de que os socialistas rexistrasen unha iniciativa para suprimir definitivamente as sancións ás empresas que non rotulen e atendan en éuscaro.

Fonte: 20minutos

País Vasco

PuntuEus anuncia que pedirá o dominio .eus para o éuscaro en internet

Este anuncio prodúcese despois de que a Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (ICANN), reunida en Singapur, decidise abrir, a partir do vindeiro 12 de xaneiro de 2012, o proceso para solicitar novos dominios xenéricos de primeiro nivel.

Fonte: ABC

País Vasco

O Parlamento vasco rexeita restarlle peso ao éuscaro na nova oferta pública de emprego (OPE) de Sanidade

O Parlamento vasco rexeita restarlle peso ao éuscaro na nova oferta pública de emprego (OPE) que Osakidetza (o departamento de Sanidade) está a punto de convocar.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Preséntase a campaña de barnetegis de verán, unha oportunidade de vivir en éuscaro durante as 24 horas do día

O Goberno vasco, o instituto HABE e os Euskaltegis presentaron a campaña de matriculación dos barnetegis de verán "Uda Barnetegiak. Aberto en vacacións". Os responsables animaron a todos os que queiran mellorar o seu nivel de éuscaro a participar na iniciativa, xa que os barnetegis ofrecen a oportunidade de vivir nesta lingua durante as 24 horas do día.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder