País Vasco
O Instituto Etxepare destinará 1,3 millóns de euros á difusión internacional da lingua vasca
O Instituto Etxepare destinará 1,3 millóns de euros, o 48% do seu orzamento, a axudas para a difusión internacional da cultura vasca. Uns 751.359 destinaranse a promover a produción no exterior e 600.000 a consolidar e abrir programas de lectorados, cátedras e bolsas en prestixiosas universidades do mundo.
Fonte: Diario Vasco
Caja Laboral e cinco municipios guipuscoanos comprométense a fomentar o éuscaro
Os concellos guipuscoanos de Andoain, Astigarraga, Hernani, Lasarte e Urnieta subscribiron un convenio con Caja Laboral para fomentar o emprego do éuscaro.
Fonte: ABC
Xa está dispoñible a primeira gramática do éuscaro en internet

A primeira gramática do éuscaro en internet xa está dispoñible na rede (www.ehu.es/seg). A aplicación, de acceso gratuíto, inclúe 25 millóns de palabras e enlaces con exemplos do seu uso tanto na literatura e na prensa vasca, coma na televisión.
Fonte: Elcorreo.com
A Universidade de Mondragón premiará o mellor traballo en éuscaro
Apenas o 25% dos 300 proxectos fin de carreira que se presentan cada ano na Universidade de Mondragón redáctase en éuscaro, a pesar de ser a lingua vehicular dos estudantes da universidade privada. O resto realízanse en castelán. Para incentivar o uso da lingua vasca, o centro premiará con 2.000 euros o mellor proxecto fin de carreira presentado en éuscaro.
Fonte: El País
Estudan crear un centro de investigación para a industria das linguas
A Deputación de Guipúscoa e a Elhuyar Fundazioa subscribiron un acordo para analizar a posible constitución dun centro de investigación para a industria das linguas, que abrangue desde a tradución, ata a educación, a creación de contidos e as novas tecnoloxías.
Fonte: ABC
Poñen en marcha un conversor de éuscaro biscaíño-éuscaro batúa para internet
A Fundación Azkue puxo en servizo no seu portal de internet unha nova ferramenta dixital que permite converter automaticamente textos do éuscaro biscaíño ao batúa ou unificado e viceversa, denominado “Opentrad B”.
Fonte: ABC
A subcomisión Euskara XXI do Consello do Éuscaro reúnese co fin de crear un plan para a revitalización desta lingua
A subcomisión Euskara XXI do Consello Asesor do Éuscaro reuniuse no Palacio Miramar de San Sebastián para pór en marcha o novo Plan xeral para a revitalización do éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
Preséntase no País Vasco o primeiro dicionario galego-éuscaro/éuscaro-galego
O filólogo Isaac Fernández presentou na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco en Vitoria o primeiro dicionario galego-éuscaro/éuscaro-galego, no que recolleu máis de 5.000 termos.
Fonte: El Correo Gallego
A Korrika, unha carreira en favor do éuscaro, culmina en San Sebastián tras percorrer 2.500 quilómetros en dez días
A 17 edición da Korrika finalizou nunha multitudinaria festa en San Sebastián tras percorrer durante dez días un itinerario de 2.500 quilómetros que comezou en Treviño e culminou no Boulevard donostiarra.
Fonte: ABC
O Goberno vasco destina 12 millóns de euros ao impulso do éuscaro en empresas, institucións e no ámbito social
O Goberno vasco destinará máis de 12 millóns de euros para o impulso do éuscaro en áreas como os medios de comunicación, as entidades locais, as tecnoloxías da información e as empresas, así como no ámbito social.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín