País Vasco

Xa está dispoñible a primeira gramática do éuscaro en internet

A primeira gramática do éuscaro en internet xa está dispoñible na rede (www.ehu.es/seg). A aplicación, de acceso gratuíto, inclúe 25 millóns de palabras e enlaces con exemplos do seu uso tanto na literatura e na prensa vasca, coma na televisión.

Fonte: Elcorreo.com

País Vasco

A Universidade de Mondragón premiará o mellor traballo en éuscaro

Apenas o 25% dos 300 proxectos fin de carreira que se presentan cada ano na Universidade de Mondragón redáctase en éuscaro, a pesar de ser a lingua vehicular dos estudantes da universidade privada. O resto realízanse en castelán. Para incentivar o uso da lingua vasca, o centro premiará con 2.000 euros o mellor proxecto fin de carreira presentado en éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

Estudan crear un centro de investigación para a industria das linguas

A Deputación de Guipúscoa e a Elhuyar Fundazioa subscribiron un acordo para analizar a posible constitución dun centro de investigación para a industria das linguas, que abrangue desde a tradución, ata a educación, a creación de contidos e as novas tecnoloxías.

Fonte: ABC

País Vasco

Poñen en marcha un conversor de éuscaro biscaíño-éuscaro batúa para internet

A Fundación Azkue puxo en servizo no seu portal de internet unha nova ferramenta dixital que permite converter automaticamente textos do éuscaro biscaíño ao batúa ou unificado e viceversa, denominado “Opentrad B”.

Fonte: ABC

País Vasco

A subcomisión Euskara XXI do Consello do Éuscaro reúnese co fin de crear un plan para a revitalización desta lingua

A subcomisión Euskara XXI do Consello Asesor do Éuscaro reuniuse no Palacio Miramar de San Sebastián para pór en marcha o novo Plan xeral para a revitalización do éuscaro.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Preséntase no País Vasco o primeiro dicionario galego-éuscaro/éuscaro-galego

O filólogo Isaac Fernández presentou na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco en Vitoria o primeiro dicionario galego-éuscaro/éuscaro-galego, no que recolleu máis de 5.000 termos.

Fonte: El Correo Gallego

País Vasco

A Korrika, unha carreira en favor do éuscaro, culmina en San Sebastián tras percorrer 2.500 quilómetros en dez días

A 17 edición da Korrika finalizou nunha multitudinaria festa en San Sebastián tras percorrer durante dez días un itinerario de 2.500 quilómetros que comezou en Treviño e culminou no Boulevard donostiarra.

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno vasco destina 12 millóns de euros ao impulso do éuscaro en empresas, institucións e no ámbito social

O Goberno vasco destinará máis de 12 millóns de euros para o impulso do éuscaro en áreas como os medios de comunicación, as entidades locais, as tecnoloxías da información e as empresas, así como no ámbito social.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Plan de éuscaro 2011-15 de San Sebastián quere estreitar a fenda entre coñecer e falar o idioma

O Concello de San Sebastián acaba de aprobar o Plan xeral de éuscaro 2011-15 que trata de lograr “o verdadeiro” bilingüismo na cidade facendo que os donostiarras non só coñezan o idioma senón que o usen cada día.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O éuscaro será obrigatorio nos colexios estranxeiros do País Vasco o próximo curso

Os colexios estranxeiros en Euskadi deberán impartir de forma obrigatoria as ensinanzas de lingua e literatura vasca e española, que serán avaliables e contarán para a media final das cualificacións do alumno, a partir do próximo curso.

Fonte: Página de Noticias

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder