País Vasco
Euskaltzaindia indaga sobre o pasado e presente do éuscaro e outras tres linguas
Euskaltzaindia presentou dúas importantes publicacións. En primeiro lugar, a Academia do Éuscaro deu a coñecer o CD-ROM que recolle o contido das importantes charlas do XVI Congreso Internacional da institución, celebrado en Iruñea en 2008. En segundo lugar, presentou os dous novos números de Euskera, o órgano oficial da Academia.
Fonte: Deia
Unha web permite descargar música vasca de internet
Ibaimusic.com reúne por primeira vez nun portal de internet toda a música feita en Euskadi, tanto en éuscaro coma en castelán, para a súa descarga.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco creará un rexistro unificado de títulos de éuscaro
O Goberno vasco creará a través dunha norma o Rexistro Unificado de Certificados e Títulos de Éuscaro (RUTCE) que expiden ou xestionan diferentes organismos e administracións.
Fonte: Diario Vasco
Un de cada cinco vascos utiliza internet en éuscaro e inglés
Un de cada cinco vascos de 15 ou máis anos que utiliza internet faino en éuscaro e inglés, segundo datos do Eustat correspondentes ao primeiro trimestre do ano.
Fonte: Europa Press
O Instituto Etxepare leva o éuscaro a universidades de 12 países
O Instituto Etxepare estendeu o programa de difusión do éuscaro e da cultura vasca a universidades de 12 países –Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña, Alemaña e, fundamentalmente, de América Latina- a través dun programa de lectorados.
Fonte: El País
Os bebés balbucían de forma distinta no contorno en éuscaro que no castelán
Isto é o que reflicten os resultados preliminares dun estudo sobre a adquisición da linguaxe en bebés que se está realizando no Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL).
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Beasain dará axudas a quen estudou éuscaro no curso 2010-2011 e neste verán
As persoas que recibiron clases de éuscaro no curso 2010-11 ou tamén as que o veñen facendo durante os meses de verán de 2011 poden solicitar as axudas para aprender éuscaro na oficina de Atención ao Cidadán.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco fomentará as liberacións para que os ertzainas estuden éuscaro
O Goberno vasco fomentara as liberacións parciais para o estudo do éuscaro co fin de incrementar o número de axentes que coñecen esta lingua. Na actualidade, 2760 ertzainas –o 34,5 % do total- teñen acreditado o coñecemento do éuscaro indicado no perfil lingüístico do seu posto de traballo.
Fonte: El Correo
A asociación Banais Bagara promove cursos de éuscaro para estranxeiros
Da man das profesoras Petra Elser e Arantxa Arrillaga, unha quincena de estranxeiros, residentes na comarca –principalmente de Nicaragua, Cuba e Senegal-, reúnense todas as fins de semana nos locais de Danok Kide para levar a cabo o proxecto ‘Aisa’ de aprendizaxe de éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A asociación a prol do éuscaro Aspaltza Euskara Elkartea organiza unha ludoteca infantil en Amurrio
A asociación a favor do éuscaro Aspaltza Euskara Elkartea de Amurrio organizou unha ludoteca infantil para o mes de setembro. A idea é que os menores se divirtan con diferentes xogos, ao tempo que se fomenta o uso da lingua vasca entre eles.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín