País Vasco
O Goberno vasco concede 22 000 euros para fomentar o éuscaro en Cataluña
O Goberno vasco asinou un convenio de colaboración co Centro Cultural-Euskal Etxea de Barcelona polo que concederá unha subvención de 22 000 euros ao centro para asegurar o ensino e a aprendizaxe do éuscaro na cidade catalá.
Fonte: Telecinco
A Área de Éuscaro de Irún pon en marcha unha nova edición do proxecto Ikasle Txartela
Mediante a tarxeta Ikasle Txartela, calquera alumno dos euskaltegis ou da Escola Oficial de Idiomas de Irún disporá de vantaxes económicas en actividades e actos nese idioma que programe o Concello e beneficiarase de descontos en subscricións a publicacións en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Nace Filmazpit, un programa para difundir cine subtitulado en éuscaro

O Goberno vasco puxo en marcha o programa cinematográfico Filmazpit, destinado a facilitar a proxección de películas en versión orixinal con subtítulos en éuscaro.
Fonte: ABC
O sábado 3 de decembro celébrase o Día Mundial do Éuscaro
O sábado 3 de decembro celébrase o Día Mundial do Éuscaro, unha iniciativa fundada en 1949 pola Sociedade de Estudos Vascos co obxecto de reivindicar o valor universal do éuscaro.
Fonte: Noticias de Madrid
O Goberno vasco asina un convenio co Centro Vasco de Madrid para asegurar o ensino e a aprendizaxe do éuscaro
A viceconselleira de Política Lingüística, Lurdes Auzmendi, asinou un convenio de colaboración co Centro Vasco de Madrid, co obxectivo de asegurar o ensino e a aprendizaxe do éuscaro na cidade.
Fonte: Qué!
O Parlamento vasco presenta unha edición facsimilar do ‘Vasconum Linguae Primitiae’, o primeiro libro impreso en éuscaro
A presidenta do Parlamento vasco, Arantza Quiroga, presentou a edición facsimilar do ‘Linguae Vasconum Primitiae’, de Beñat Etxepare, que pasa por ser o primeiro libro impreso en éuscaro que se coñece.
Fonte: Europa Press
A Deputación de Biscaia achega 4,4 millóns de euros á promoción do éuscaro
Estas axudas inclúen a edición de publicacións integramente en lingua vasca e os produtos que fomentan a presenza do éuscaro nas tecnoloxías da información e da comunicación.
Fonte: La Vanguardia
Centos de asociacións e municipios seguen sen as axudas para o fomento do éuscaro
Faltan só uns días para que culmine o exercicio e centos de asociacións, empresa e consistorios do País Vasco non recibiron aínda a notificación do Departamento de Cultura do Goberno vasco que confirme se lles concederon a subvención solicitada, nin que cantidade percibirán.
Fonte: Deia
A toponimia en éuscaro de Bergara queda plasmada nun mapa e nunha web
Os 6000 exemplares do plano distribuiranse de forma gratuíta. Un millar de topónimos sobre o papel e 2000 na web local, que ademais engade outras 12 000 achegas.
Fonte: Diario Vasco
Inician unha campaña para usar o éuscaro na relación directa co Concello de Tolosa
‘Fala co Concello en éuscaro, é o teu dereito’. Este é o lema da campaña que busca lograr que a cidadanía tolosarra, sexa cal sexa o seu nivel de coñecemento do éuscaro, o utilice cando teña que facer xestións nas oficinas municipais, trámites, solucionar dúbidas ou completar papeis.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín