País Vasco
O Consello Escolar do País Vasco avala que o alumnado en éuscaro non necesite acreditar perfil lingüístico
O Consello Escolar de Euskadi deu o visto e prace ao decreto do Goberno vasco no que se establece que os alumnos que estuden máis do 50 % das materias en éuscaro quedarán exentos de acreditar títulos sobre o coñecemento desa lingua nos procesos de selección da Administración pública.
Fonte: El Correo
A Fundación Elhuyar pon en marcha cinco dicionarios para móbiles
Coincidindo co Día Europeo das Linguas, a Fundación Elhuyar presentou a versión para móbil de cinco dos seus dicionarios.
Fonte: EITB
O Goberno vasco descarta multar os comercios que non utilicen o éuscaro
O Goberno vasco insiste en que non multará os comercios que non utilicen o éuscaro. Así o fixo saber a viceconselleira de Política Lingüística ás asociacións de consumidores e empresarios nunha reunión mantida en Vitoria.
Fonte: Diario Vasco
O Instituto HABE destina 230.000 euros aos centros vascos para ensinar éuscaro
O Instituto de Euscaldunización e Alfabetización (HABE) destinará 230.000 euros aos centros vascos-euskal etxeak para impartir cursos de éuscaro a adultos entre 2011 e 2012.
Fonte: ADN
Os inmigrantes de Andoain aprenden éuscaro
Inmigrantes de Portugal, Marrocos, Paquistán, Latinoamérica, e de países europeos, xunto con xente nacida en Euskadi ou noutras comunidades e que non saben falar éuscaro, reúnense desde hai un ano os venres, no bar do club de xubilados, para aprender éuscaro dunha forma amena e divertida, sen facer exercicios, aprendendo a estrutura das frases e practicando conversas de vida cotiá.
Fonte: Diario Vasco
Bilbao pon en marcha o concurso de blogs en éuscaro ‘Bilblogari’
A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao, xunto ao portal cultural de internet nontzeberri.com, puxo en marcha, un ano máis, o concurso de blogs en éuscaro ‘Bilblogari’, para fortalecer o uso do éuscaro en internet e nos soportes dixitais.
Fonte: Europa Press
A editorial Elkar lanza un novo método de éuscaro para autodidactas
A editorial Elkar presentou un novo método de aprendizaxe de éuscaro que actualiza o material didáctico previo dispoñible. O método, denominado Arian, ofrece unha proposta didáctica «acorde cos programas que se editan na actualidade» para o ensino de idiomas.
Fonte: Diario Vasco
O Boletín Oficial do Estado publicará leis en éuscaro
As leis vascas e as inicitivas lexislativas estatais con rango de lei publicaranse tamén en éuscaro no Boletín Oficial do Estado (BOE), segundo informou o departamento de Presidencia do Goberno vasco.
Fonte: Diario Siglo XXI
Crean un sistema para aprender éuscaro básico a través do teléfono móbil
A Fundación Elhuyar elaborou un sistema para aprender éuscaro básico a través do teléfono móbil. Traduce palabras e frases do castelán ao éuscaro e está dirixido aos adultos que acoden ao País Vasco e queren ter unha conversa elemental cos vascoparlantes. A aplicación poderase descargar gratis desde o enderezo de internet moblang.eu.
Fonte: Diario Vasco
Aumentan un 23 % as queixas relacionadas cos dereitos lingüísticos no País Vasco
Un total de 261 queixas motivadas pola percepción de que os seus dereitos lingüísticos estaban sendo vulnerados presentaron en 2010 os cidadáns vascos ante Elebide, o Servizo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos do Goberno vasco.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín