País Vasco
Un recital poético une as linguas galega, éuscara e catalá na Universidade do País Vasco
A Universidade do País Vasco acolleu un recital poético que une os idiomas galego, catalán e éuscaro. “A outra poesía” é o nome desta iniciativa que promoven os centros de estudos galego e catalán da universidade para difundir as linguas propias de Galicia e de Cataluña en Euskadi.
Fonte: Xunta de Galicia
O éuscaro consolídase na nova normativa audiovisual do País Vasco
Coa publicación do Decreto 231/2011, de 8 de novembro, sobre a comunicación audiovisual do País Vasco consolídase a presenza do éuscaro nos medios de comunicación social.
Fonte: Audiovisual Legal
O Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia insta a garantir o dereito a vivir en éuscaro
O Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia considera, no décimo aniversario da súa fundación, que é “urxente tomar medidas para garantir o dereito a vivir en éuscaro”.
Fonte: El Mundo
A edición en éuscaro da enciclopedia dixital Wikipedia incorpora 11 000 novas entradas
A edición en éuscaro da enciclopedia dixital Wikipedia incorporou 11 000 novas entradas, que se suman ás 110 000 que se editaran ata o momento.
Fonte: Europa Press
O PNV pide esixir o éuscaro nas probas de ingreso á Ertzaintza
O PNV pediu que a futura lei da policía vasca estableza coma requirimento para presentarse ás probas de ingreso na Ertzaintza o coñecemento do éuscaro por parte dos aspirantes.
Fonte: ABC
A oferta de actividades lúdicas en éuscaro en Llodio prolongarase todo o ano
O Concello de Llodio ofrecerá ao longo de todo o ano actividades lúdicas en éuscaro para nenos e mozos a través dos programas Sorgin Zapatuak e Oxigeno Euskarari.
Fonte: El Correo
O observatorio dos dereitos lingüísticos Behatokia rexistra na súa primeira década 8535 reclamacións
O observatorio dos dereitos lingüísticos Behatokia, creado por Kontseilua, cumpriu en 2011 dez anos. Fundado para velar polos dereitos dos falantes de éuscaro, Behatokia presentou recentemente en Bilbao un balance da última década (2001-2010) e resumiu que neste tempo a normalización do éuscaro non sufriu “grandes avances”. Durante estes anos, o observatorio tratou 9514 casos, dos que destacan as 8535 queixas rexistradas.
Fonte: Deia
O secretario xeral de Política Lingüística de Galicia asiste a un encontro cos seus homólogos do País Vasco, Cataluña e Navarra
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, asistiu a un encontro celebrado en Bilbao cos membros españois que participan xunto con Galicia na Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística en Europa (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD).
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello Escolar do País Vasco móstrase preocupado ante o escaso nivel de éuscaro do alumnado
O Consello Escolar de Euskadi alertou do “baixo nivel competencial” en éuscaro que acada “unha porcentaxe importante do alumnado dos modelos B e D”. Son os modelos lingüísticos nos que máis estudantes hai hoxe e nos que a maioría das materias se ensinan en éuscaro.
Fonte: El País
A empresa vasca Dualia ofrece teleinterpretación en tempo real en máis de 50 linguas

O ‘pack Dualia’, composto de teléfono móbil e auricular para dúas persoas, está presente en máis de 1500 centros sanitarios, oficinas públicas, dependencias policiais e empresas de España.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín