País Vasco
O 90 % dos donostiarras menores de 25 anos é euscaldún ou cuasi-euscaldún
O Concello de San Sebastián destacou que o número de falantes de éuscaro aumenta progresivamente na cidade, de forma que o 40,35 por cento dos donostiarras é euscaldún e o 26,62 por cento é cuasi-euscaldún. Entre os mozos menores de 25 anos, os euscaldúns e cuasi-euscaldúns chegan ao 90 por cento.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Bilbao inicia unha campaña para que os pais se apunten a escolas de éuscaro
Baixo o lema “Éuscaro tamén na casa”, esta campaña ten como finalidade que os pais se apunten ás diversas escolas de éuscaro de Bilbao para que adquiran un coñecemento “suficiente” do idioma, e poidan así comunicarse cos seus fillos nesta lingua.
Fonte: ABC
Presentan a campaña para obter o permiso de conducir en éuscaro
O CD que recolle o libro sobre a normativa de tráfico, o programa multimedia e os tests están nas autoescolas desde o ano pasado. Agora distribuíronse outros soportes en diversos municipios, autoescolas, centros escolares e oficinas de información xuvenís.
Fonte: Euskara
O Goberno vasco aproba a concesión de 230.000 euros en axudas ás Euskal Etxeak polos cursos de éuscaro 2011/2012
O Consello de Goberno do Executivo vasco aprobou a regulación da concesión de axudas económicas aos Centros Vascos-Euskal Etxeak polos cursos de éuscaro correspondentes ao período comprendido entre outubro de 2011 e setembro de 2012, por un importe total de 230.000 euros.
Fonte: Europa Press
O 68,5 % dos estudantes de éuscaro en Áraba son mulleres
Segundo datos achegados polo Instituto vasco de Estatística, Eustat, as mulleres copan o 68,5 % do total das matrículas realizadas na provincia de Áraba, onde o número de alumnos nos euskaltegis se corresponde co 16,1 % do total das matrículas do País Vasco.
Fonte: Noticias de Álava
O Goberno vasco destina 184.000 euros a fomentar o uso do éuscaro en actividades extraacadémicas
O Departamento vasco de Educación, Universidades e Investigación abriu o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas para fomentar o uso do éuscaro nas actividades extraacadémicas durante o curso 2011-2012.
Fonte: Europa Press
Bilbao impulsa a inscrición nos euskaltegis para promover o éuscaro
Os centros de estudo do éuscaro son uns dos “instrumentos máis importantes” para a aprendizaxe, o uso e normalización do devandito idioma, informou nunha nota de prensa o Concello de Bilbao.
Fonte: ABC
Llodio evocará na festa do éuscaro a ancestral presenza desta lingua na localidade
O día do éuscaro celebrarase en Llodio o próximo 24 de setembro cunha festa que cambiou de data en 2007 e que lembra a presenza ancestral desta lingua na segunda localidade alavesa.
Fonte: El Correo
Aumentan as queixas dirixidas ao Goberno vasco a causa da vulneración de dereitos lingüísticos
As queixas tramitadas contra o Goberno vasco e as súas sociedades públicas con motivo da vulneración de dereitos lingüísticos aumentaron o pasado ano 2010 un 130 %. Concretamente, pasaron de ser 47 a 108.
Fonte: Deia
A Filmoteca Vasca restaura e edita en DVD as primeiras películas realizadas en éuscaro
A Filmoteca Vasca restaurou tres das primeiras películas realizadas en éuscaro, filmadas polo cineasta biscaíño Gotzon Elortza entre os anos 1959 e 1962, e supervisou a edición en DVD destas.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín