País Vasco
Bilbao pon en marcha o concurso de blogs en éuscaro ‘Bilblogari’
A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao, xunto ao portal cultural de internet nontzeberri.com, puxo en marcha, un ano máis, o concurso de blogs en éuscaro ‘Bilblogari’, para fortalecer o uso do éuscaro en internet e nos soportes dixitais.
Fonte: Europa Press
A editorial Elkar lanza un novo método de éuscaro para autodidactas
A editorial Elkar presentou un novo método de aprendizaxe de éuscaro que actualiza o material didáctico previo dispoñible. O método, denominado Arian, ofrece unha proposta didáctica «acorde cos programas que se editan na actualidade» para o ensino de idiomas.
Fonte: Diario Vasco
O Boletín Oficial do Estado publicará leis en éuscaro
As leis vascas e as inicitivas lexislativas estatais con rango de lei publicaranse tamén en éuscaro no Boletín Oficial do Estado (BOE), segundo informou o departamento de Presidencia do Goberno vasco.
Fonte: Diario Siglo XXI
Crean un sistema para aprender éuscaro básico a través do teléfono móbil
A Fundación Elhuyar elaborou un sistema para aprender éuscaro básico a través do teléfono móbil. Traduce palabras e frases do castelán ao éuscaro e está dirixido aos adultos que acoden ao País Vasco e queren ter unha conversa elemental cos vascoparlantes. A aplicación poderase descargar gratis desde o enderezo de internet moblang.eu.
Fonte: Diario Vasco
Aumentan un 23 % as queixas relacionadas cos dereitos lingüísticos no País Vasco
Un total de 261 queixas motivadas pola percepción de que os seus dereitos lingüísticos estaban sendo vulnerados presentaron en 2010 os cidadáns vascos ante Elebide, o Servizo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos do Goberno vasco.
Fonte: Diario Vasco
Crean unha web que axuda a conxugar o verbo en éuscaro
A aplicación está destinada a persoas que están aprendendo éuscaro, así como a tradutores, escritores, profesores ou estudantes, que busquen a máxima corrección nos seus textos, segundo informou Ideateca.
Fonte: Europa Press
A partir de agora os nacementos en Soraluze poderán rexistrarse en éuscaro
O Xulgado de Paz de Soraluze permite, a partir de agora, inscribir en éuscaro os nacementos, matrimonios e decesos, grazas a unha mellora introducida no sistema Inforeg e á aplicación da Lei 12/2005 de 22 de xuño.
Fonte: Diario Vasco
Donostia acolle o novo Centro de Investigación do Éuscaro da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia)
Euskaltzaindia inaugurou o seu novo Centro de Investigación do Éuscaro Luis Villasante, que vai reunir todos os servizos e grupos de investigación que ten a Academia da Lingua Vasca en Guipúscoa.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco regula o uso do éuscaro nas futuras canles de radio e televisión
O Goberno vasco aprobou un decreto sobre comunicación audiovisual que regula, entre outras cuestións, o peso que terá o éuscaro nas futuras emisións de radio e televisión que se abran a Euskadi.
Fonte: El Correo
Tolosa acolle o Festival de Curtametraxes en Lingua de Signos
O festival, que celebra a súa segunda edición e está organizado pola asociación Gainditzen, está dirixido non só a persoas xordas, senón tamén a oíntes, e as proxeccións disporán de subtítulos en castelán.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín