País Vasco

O euskaltegi de Basauri promove o ensino da lingua vasca entre os inmigrantes

O Concello de Basauri considera que o éuscaro pode ser un importante elemento de integración para as persoas inmigrantes. Con este obxectivo, o euskaltegi municipal está impulsando un curso no que os alumnos poden iniciarse na lingua vasca á marxe da súa nacionalidade ou idioma.

Fonte: El Correo

País Vasco

Os durangarras optan por estudar éuscaro para mellorar na súa profesión

Nos tempos que corren, nos que acceder ao mercado laboral resulta do máis difícil, son moitos os que optan por seguir estudando. Así, en Durangaldea cada vez son máis os adultos que deciden mellorar o seu nivel de éuscaro, unha afirmación que os datos máis recentes se encargan de reflectir.

Fonte: Deia

País Vasco

A tecnoloxía máis avanzada ponse ao servizo do éuscaro e as industrias da lingua

O consorcio BerbaTek presentou tres novas aplicacións. Trátase dun tradutor automático de documentais, un buscador semántico e unha ‘cibertitora’ para aprender idiomas.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Parlamento vasco veta as multas aos comercios polo éuscaro

A Cámara vota a proposta socialista para eliminar as sancións do decreto de dereitos lingüísticos dos consumidores e usuarios.

Fonte: El Correo

País Vasco

A empresa CAF recibe un premio pola súa promoción do éuscaro

A fábrica de Irún da empresa CAF acaba de recibir do Goberno vasco a certificación Bikain de Prata, un recoñecemento ao fomento do uso do éuscaro que o Executivo autonómico instituíu hai catro anos para premiar as iniciativas cara ao bilingüismo real na actividade profesional.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Bilbao pon en marcha o programa ‘Eman Giltza’, co que informou a 2893 familias sobre o éuscaro en 2011

A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao puxo en marcha, unha edición máis, o programa ‘Eman Giltza’, a través do que o ano pasado informou a 2893 familias sobre a importancia da transmisión do éuscaro de xeración en xeración.

Fonte: Que

País Vasco

A industria da lingua do País Vasco representa un 7 % do sector en Europa e un 3 % da facturación mundial

A industria da lingua de Euskadi representa un 7 por cento do sector en Europa e un 3 por cento da facturación mundial, segundo deu a coñecer a Asociación de Industrias da Lingua do País Vasco, Langune.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Os alumnos vascos melloran o seu rendemento en éuscaro e castelán

Os escolares vascos melloraron os seus resultados en éuscaro e castelán, segundo os datos recollidos na avaliación diagnóstica realizada a alumnos de cuarto de Primaria e segundo da ESO.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Concello de Galdakao organiza un programa para que os mozos aprendan vocabulario e expresións informais en éuscaro

O Concello de Galdakao organizará nos centros educativos un programa de reforzo do éuscaro, no que os adolescentes aprenderán vocabulario e expresións informais relacionadas co enfado, ligar ou tomar o pelo, entre outros temas.

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno Vasco crea un tradutor éuscaro-español

A Viceconsellería de Política Lingüística do departamento de Cultura do Goberno Vasco presentou o tradutor automático de éuscaro-español e inglés-éuscaro, unha ferramenta que facilitará moito o traballo de comunicación.

Fonte: Aprendemas

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder