País Vasco
A Real Academia da Lingua Vasca recoñece que a fin da violencia favorecerá a difusión do éuscaro
Andrés Urrutia, presidente da Real Academia da Lingua Vasca, recoñece que a fin da violencia e o proceso de normalización sociopolítica en curso favorecerán “indubidablemente” en adiante a difusión do éuscaro como idioma que aspira a ocupar o seu propio lugar nun Estado plurilingüe como o español.
Fonte: La Información
O Goberno Vasco outorgará 34 licenzas de radio, 11 delas en éuscaro
O Goberno Vasco outorgará mediante concurso público 34 licenzas de radio de FM, das que 11 estarán reservadas para emisoras con programación integramente en éuscaro.
Fonte: Finanzas
Guipúscoa, cun 50 % de poboación bilingüe, é o territorio onde máis se usa o éuscaro
O 32 % dos vascos maiores de 16 anos é bilingüe, mentres que o 17,2 % é bilingüe pasivo, é dicir, entende o éuscaro pero por un ou outro motivo non o utiliza; unhas porcentaxes que en Guipúscoa chegan ao 49,9 % e 16,4 % respectivamente.
Fonte: Noticias de Gipúzkoa
O Servizo Vasco de Saúde frea un programa de normalización do éuscaro
Malia que arredor do 37 % da cidadanía da Comunidade Autónoma Vasca pode utilizar o éuscaro como lingua de comunicación con total normalidade en todas as actividades cotiás, resulta todo un reto conseguir ser atendido por Osakidetza (o Servizo Vasco de Saúde) nesta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Os medios de comunicación privados en éuscaro piden un cambio nas axudas públicas ao sector
Os medios privados de comunicación en éuscaro cren que é necesario que as institucións públicas "adapten" a súa política de axudas para fomentar os investimentos e o desenvolvemento deste sector, que está afrontando esta crise "mellor" que os seus "homólogos das linguas maioritarias".
Fonte: Diario Vasco
Máis de 400 alumnos de Barakaldo crean unha obra teatral para difundir o éuscaro
Máis de 400 alumnos de Barakaldo participaron nunha iniciativa municipal para difundir o uso do éuscaro, na que tiveron a oportunidade de crear unha obra teatral que representarán ao longo deste curso.
Fonte: Europa Press
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia defende as sancións lingüísticas só coma ‘último recurso’
O presidente da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, defendeu un modelo “mixto” para protexer o éuscaro no ámbito do comercio, de forma que se combine a promoción desta lingua con medidas de arbitraxe ou ata sancións, aínda que estas deberían ser un “último recurso” para casos “extremos”.
Fonte: El Mundo
Guipúscoa usará a campaña da renda para crear un censo de euscaldúns
A Deputación de Guipúscoa preguntará aos contribuíntes se desexan relacionarse exclusivamente en éuscaro coa institución foral durante a campaña da declaración da renda, co que elaborarán un censo “voluntario” de vascofalantes.
Fonte: ABC
Os alumnos vascos que estuden éuscaro estarán exentos de acreditar títulos
Os alumnos vascos que conclúan os seus estudos cun nivel de éuscaro que varía en función de cada ciclo educativo estarán exentos de acreditar determinados títulos lingüísticos homologados nesta lingua.
Fonte: ABC
A Deputación de Guipúscoa aspira a ofrecer todos os seus servizos en éuscaro en 2015
A Deputación de Guipúscuoa espera poder ofrecer todos os seus servizos en éuscaro en 2015, ano en que prevé emendar «os puntos débiles» detectados na atención da institución foral aos cidadáns neste idioma.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín