País Vasco

Tolosa estrea o programa ‘Nik ere Euskaraz Lanean’ para que os profesionais da hostalería e o comercio aprendan éuscaro

O programa NEL (Nik ere Euskaraz Lanean) nace co obxectivo de que os profesionais da hostalaría e o comercio de Tolosa se familiaricen co vocabulario e expresións básicas do seu sector en éuscaro a través de clases prácticas para que a relación laboral cos seus clientes sexa máis fluída no día a día.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Un manual didáctico ensina os adestradores de fútbol a formar en éuscaro

Oinarritik Euskaraz é o primeiro manual didáctico para formar en éuscaro os adestradores de fútbol. Este libro, financiado pola Deputación Foral de Biscaia, presentouse en sociedade e contou cunha representación do fútbol biscaíño.

Fonte: Deia

País Vasco

Preséntanse os datos que miden o nivel de multilingüismo existente na Comunidade Autónoma Vasca

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno Vasco presentou os resultados do estudo realizado no ano 2011, que indican o nivel de multilingüismo existente en distintos ámbitos da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Fonte: Euskadi.net

País Vasco

O Concello de Getxo reparte 16 920 euros entre entidades deportivas que fomentan o uso do éuscaro

O Concello de Getxo (Biscaia) aprobou a concesión de 16 920 euros a diversas entidades e clubs deportivos do municipio na convocatoria anual para o fomento do éuscaro de nenos e nenas nas actividades deportivas habituais.

Fonte: El Economista

País Vasco

Profesionais da enfermería de Biscaia aprenden lingua de signos para atender mellor os pacientes xordos

“Comunicarnos mellor co paciente para darlle unhas mellores atencións de saúde". Esta é a razón pola que o Colexio de Enfermería de Biscaia organiza un curso específico de lingua de signos para profesionais de Enfermería.

Fonte: Noticias Médicas

País Vasco

Ponse en marcha un proxecto para que os inmigrantes aprendan éuscaro

Iníciase un proxecto novo de aprendizaxe de éuscaro para inmigrantes adultos, que está dedicado á conversación verbal e «desde o comezo, sentados arredor dunha mesa, aprenderemos e utilizaremos palabras e estruturas da vida diaria tendo en conta os intereses dos participantes».

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O 88 % do alumnado da Universidade do País Vasco puido matricularse en éuscaro o curso pasado

No curso académico que termina, o 2011-2012, a Universidade do País Vasco (UPV) ofreceu ao 87,92 % dos seus alumnos de primeiro curso a posibilidade de realizar os seus estudos integramente en éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

O Goberno vasco edita en éuscaro un manual da ONU para orientar a defensores dos dereitos humanos

O Goberno vasco traduciu e editou en éuscaro un manual da ONU para orientar as persoas que contribúen a promover, protexer e defender os dereitos humanos.

Fonte: Europa Press

País Vasco

A Universidade do País Vasco regulará o uso do éuscaro fóra da clase

Estableceuse usar como criterio xeral o éuscaro en calquera documento, comunicación ou elemento creado pola Universidade do País Vasco. Así, garántese a presenza desta lingua nas diferentes áreas existentes como atención ao alumno, rotulación, relación de traballo, contratacións administrativas ou actos organizados pola propia Universidade.

Fonte: El Economista

País Vasco

O tradutor castelán-éuscaro traduciu máis de 61,13 millóns de frases desde febreiro

O tradutor automático castelán-éuscaro presentado o pasado 28 de febreiro pola Viceconsellería de Política Lingüística do Departamento de Cultura do Goberno vasco traduciu máis de 912 000 documentos e máis de 61,13 millóns de frases desde a súa posta en marcha.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder