País Vasco
O 60 % dos vascos realiza os seus estudos integramente en éuscaro
O 17 % dos escolares vascos optou no curso 2010/2011 polo modelo A co éuscaro como materia, o 22 % escolleu o modelo B e o 60 % cursou os seus estudos integramente en éuscaro, a través do modelo D, segundo datos facilitados polo Instituto Vasco de Estatística.
Fonte: Diario Vasco
Os alumnos de Labiaga Ikastola presentan un estudo sobre o uso do éuscaro
Os alumnos de 2.º de ESO da Labiaga Ikastola de Bera realizaron un traballo de investigación sobre o uso do éuscaro nos mozos de entre 13 e 14 anos de todo Bortziriak.
Fonte: Diario Vasco
O portal en éuscaro Bizkaie! cumpre dez anos
O portal dixital xeneralista-cultural integramente en éuscaro biscaíño Bizkaie!, que cumpre dez anos, ten como “retos para o futuro seguir ofrecendo un produto de calidade, facendo especial fincapé no modelo normalizado do éuscaro biscaíño”, segundo indicou o seu director, Koldo Isusi.
Fonte: Europa Press
Ábrese o prazo de subvencións para potenciar o uso e a aprendizaxe do éuscaro en Elgoibar
O Concello de Elgoibar abriu o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de subvencións destinadas a promover o uso do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Eskoriatza avaliou o uso do éuscaro en todos os documentos municipais de 2011
O Concello eskoriatzarra realizou, como todos os anos, o estudo e avaliación do uso do idioma dos documentos municipais durante o ano pasado. O obxectivo é avaliar os avances no uso escrito do éuscaro, para o que o Concello levou a cabo a medición lingüística das resolucións de Alcaldía e dos documentos de entrada e saída do rexistro municipal.
Fonte: Diario Vasco
Os contribuíntes poden escoller xa a lingua de relación coa Deputación de Guipúscoa
O impreso para facer a declaración da Renda mecanizada inclúe os ocos nos que se pode optar polo éuscaro ou o castelán.
Fonte: Diario Vasco
Crece o número de empresas que ofrecen prácticas en éuscaro
Un total de oito empresas de toda a comarca de Pasaia e San Sebastián, dúas máis que hai un ano, ofrecerán nos próximos meses aos alumnos de Oarsoaldea que cursen estudos no IEFPS Don Bosco a posibilidade de realizar prácticas en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de San Sebastián estuda o uso do éuscaro en 600 comercios da cidade
Nas próximas catro semanas o servizo de éuscaro do Concello visitará 600 establecementos repartidos por sete barrios da cidade co fin de realizar un diagnóstico do uso do éuscaro no comercio.
Fonte: Diario Vasco
A Rioxa Arabesa fomenta o uso do éuscaro cun circuíto de actos
A Federación de Asociacións de Éuscaro, Topagunea, organizou un amplo calendario de actividades culturais na Rioxa Arabesa co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro entre os veciños da zona.
Fonte: El Correo
Éuscaro e deporte unirán a escolares de Iparralde e Zarautz
Escolares de Iparralde e de Zarautz coñeceranse co éuscaro e o deporte como nexo de unión nunha iniciativa que se vén desenvolvendo desde comezos de ano e na que alumnos da localidade de Saint Pierre d’Irube e da Ikastola Salbatore Mitxelena se están comunicando en éuscaro a través do correo electrónico.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín