País Vasco
O programa Gurasolagun facilitará aos pais a práctica do éuscaro en Ermua
Os fillos xa non son unha escusa para non practicar o éuscaro en Ermua. O programa de promoción do éuscaro falado na vila, Berbalagun, incorporou durante este curso unha nova modalidade denominada ‘Gurasolagun’, que permite aos pais e nais interesados charlar en éuscaro durante unha hora á semana.
Fonte: El Correo
A produción científica en éuscaro da Universidade do País Vasco non representa nin o 10 % das teses
No curso 2010/2011 os investigadores da Universidade do País Vasco defenderon un total de 332 teses (60 con mención europea), das que unicamente 30 foron redactadas en éuscaro, o que representa un escaso 9,03 %.
Fonte: Deia
O Goberno vasco destina 1 152 000 euros á promoción, difusión e normalización do éuscaro na sociedade
O Consello de Goberno vasco aprobou a orde pola que se regula e convoca a concesión de subvencións para a promoción, difusión e/ou normalización do éuscaro na sociedade.
Fonte: Europa Press
Ponse á venda Sua!, un novo xogo de mesa en éuscaro baseado na mitoloxía vasca
Co fin de «impulsar o debate, a intriga e a emoción», a asociación euskaltzale de tempo libre Txatxilipurdi Elkartea creou ‘Sua!’, un novo xogo de mesa en éuscaro inspirado na mitoloxía vasca.
Fonte: Diario Vasco
A Deputación de Biscaia concede unha subvención de 355 000 euros a Euskaltzaindia pola súa promoción do éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia aprobou unha subvención de 355 000 euros a Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, en resposta ao compromiso do Departamento de Cultura de apoiar proxectos que teñan por obxecto a promoción do éuscaro.
Fonte: Europa Press
O perfil de éuscaro da Ertzaintza será máis esixente nalgúns postos
O Goberno vasco modificou o decreto que regula o proceso de normalización lingüística da Ertzaintza, que establecerá dous perfís, un deles más esixente, para os axentes que ocupen determinados postos.
Fonte: El Mundo
Un total de trinta autoescolas de Biscaia permiten prepararse para o carné en éuscaro
Trinta autoescolas de Biscaia ofrecen a posibilidade de recibir en éuscaro as clases teóricas e prácticas para examinarse do carné de conducir, segundo informou a Deputación nunha nota.
Fonte: ABC
O Goberno vasco pon en marcha o proceso de socialización do novo Plan de acción para a promoción do éuscaro
O Goberno vasco puxo en marcha o proceso de socialización do novo Plan de acción para a promoción do éuscaro (ESEP), cuxo obxectivo principal é incrementar o uso desta lingua.
Fonte: Europa Press
A Asociación de Industrias da Lingua do País Vasco, LANGUNE, preséntase en Europa
A intervención da Asociación LANGUNE no I Foro Europeo da Industria da Lingua é resultado do recoñecemento que as industrias europeas están dando á industria da lingua de Euskadi, converténdose en boa práctica europea.
Fonte: Europa Press
A rede Zineuskadi potenciará o cine europeo e en éuscaro
A rede de salas municipais e de proximidade de Euskadi, Zineuskadi, integra un total de 15 cines este ano, nos que se pretende ofrecer “alternativas atractivas para incrementar a circulación do cine europeo de calidade, potenciar a versión orixinal e ofrecer o mellor cine en éuscaro.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín