País Vasco
O Goberno vasco destina 230 000 euros a cursos de éuscaro nos Centros Vascos
O Goberno vasco aprobou unha resolución pola que se regula a concesión de axudas económicas aos Centros Vascos-Euskal Etxeak para os cursos de éuscaro, ás que destinará 230 000 euros.
Fuente: Europa Press
O Servizo Vasco de Saúde facilitará que os pacientes identifiquen os sanitarios que falen éuscaro
A partir de novembro, todo profesional sanitario do Servizo Vasco de Saúde que saiba éuscaro e queira utilizalo cos pacientes terá a posibilidade de identificarse cunha insignia para que os enfermos saiban que poden dirixirse a el na lingua cooficial de Euskadi.
Fonte: El País
A Deputación de Guipúscoa usará só éuscaro nas súas comparecencias públicas
A Deputación de Guipúscoa utilizará só o éuscaro nas súas comparecencias públicas ante os medios de comunicación.
Fonte: Noticias de Gipuzcoa
A Real Academia da Lingua Vasca presenta o seu novo dicionario éuscaro-éuscaro
A Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, presentou o seu novo dicionario éuscaro-éuscaro, cuxo obxectivo é chegar ao grande público, para o que utiliza exemplos de uso dos vinte mil termos que recolle.
Fonte: EITB
A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte de Bilbao pon en marcha o concurso de blogs en éuscaro “Bilblogari”
A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao, xunto ao portal cultural de internet nontzeberri.com, puxo en marcha un ano máis o concurso de blogs en éuscaro “Bilblogari”, cuxo obxectivo é fortalecer o uso do éuscaro en internet e nos soportes dixitais e evitar así a extinción dixital da lingua.
Fonte: Europa Press
Cinco canles de televisión de Guipúscoa emitirán un telexornal diario en éuscaro
As cinco canles de televisión locais que emiten en éuscaro en Guipúscoa incorporarán ás súas respectivas programacións un telexornal diario realizado en común que a Deputación de Guipúscoa subvenciona este ano con 207 000 euros.
Fonte: ABC
O interese por aprender éuscaro estáncase en Vitoria e aumentan os alumnos de linguas estranxeiras
O éuscaro, que ata agora era unha das linguas máis demandadas na Escola de Idiomas de Vitoria, foi perdendo peso en comparación coas linguas estranxeiras. Así, en só un ano, a demanda de alemán e francés creceu en torno a un 20 %.
Fonte: Noticias de Álava
A terceira convocatoria de teatro de bolso impulsa o uso do éuscaro
Donostia Kultura, coa colaboración do Servizo de Éuscaro do Concello e a Asociación de Amigos do Teatro do País Vasco, convoca na súa terceira edición un proxecto para promover a creación en éuscaro de obras de teatro de bolso.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Muskiz abrirá un bar para promover o uso do éuscaro
Muskiz promoverá o éuscaro nun ambiente lúdico. Será grazas á apertura dun bar que, ademais dos servizos hostaleiros tradicionais, promova o uso da lingua vasca.
Fonte: El Correo
Cincuenta persoas participan en Llodio en programas para falar éuscaro
Medio centenar de veciños de Llodio participan nos programas que imparte o euskaltegi AEK para potenciar o uso do éuscaro fóra dos ámbitos tradicionais.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín