País Vasco

A páxina web Txantxangorri.eu ofrece máis de 700 cancións en éuscaro para gozar do karaoke

Gabi de la Maza é profesor de éuscaro e desde hai anos prepara karaokes con cancións vascas para os seus alumnos. Visto o éxito que tiñan, abriu unha canle en Youtube e seguiu engadindo vídeos, ademais de seguir pouco a pouco completando a lista na súa web Txantxangorri.eu.

Fonte: Euskalcultura

País Vasco

Legazpi inicia unha medición sobre o uso do éuscaro

Os servizos de éuscaro da comarca de Urola Garaia poñen o termómetro a tendas e bares estes días para coñecer o grao de utilización do éuscaro nos seus establecementos, comprobar o efecto que tiveron as campañas organizadas desde estes para impulsalo e identificar os focos sobre os que traballar no futuro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Nace a primeira tenda en liña de aplicacións para móbiles en éuscaro

Euskalapps.net encárgase de recompilar as aplicacións en éuscaro tanto para os consumidores como para os creadores.

Fonte: EITB

País Vasco

O uso do éuscaro dos escolares diminúe fóra das aulas

Un estudo promovido polo Goberno vasco amosa que a maioría dos escolares de 4º de Primaria e 2º de ESO usan fundamentalmente o castelán fóra das aulas, aínda que no caso dos primeiros a tendencia se inverte cando están en clase.

Fonte: Deia

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa e 36 concellos acordan os criterios lingüísticos para os contratos públicos

A Deputación e 36 concellos guipuscoanos, a Mancomunidade de Urola Kosta e a mancomunidade de concellos euscaldúns (UEMA) acordaron unha serie de criterios lingüísticos que pretenden aplicar de forma unificada nas contratacións de servizos e obras externas que realicen.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Goberno vasco relanzará o dereito do consumidor a ser atendido en éuscaro

O Goberno vasco planea “relanzar” o dereito dos consumidores euscaldúns a ser atendidos en éuscaro nos comercios e empresas de servizos. Para isto, a viceconsellería de Política Lingüística “vai analizar o grao de desenvolvemento e implantación” do Decreto sobre os dereitos lingüísticos das persoas consumidoras.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O nivel de éuscaro e o seu uso están estreitamente relacionados

Preséntanse en San Sebastián os resultados detallados do proxecto Arrue, o retrato máis preciso da relación entre a escola e o uso do éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A localidade de Eibar organiza un concurso para escoller a palabra máis fea do éuscaro

Os dous euskaltegis de Eibar (o municipal e o de AEK) organizaron un concurso de palabras en éuscaro, coa colaboración do Concello de Eibar. Este novo concurso trata de escoller entre todos os participantes a palabra «máis fea» en éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Bilbao organiza talleres infantís de cociña para fomentar o éuscaro

Os nenos bilbaínos teñen a posibilidade de achegarse ao mundo da cociña e, sobre todo, de practicar éuscaro máis alá das aulas. Isto é o que pretende o Concello de Bilbao cos talleres de cociña do programa Ikusi eta Ikasi, unha actividade que cumpre o seu terceiro ano e que, segundo explican os organizadores, está a ser un grande éxito.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno vasco presenta a súa folla de ruta en política lingüística

Potenciar o uso do éuscaro entre os euscaldúns pasivos, fomentar a aprendizaxe entre quen aínda non coñece o idioma, sobre todo nos euskaltegis, e garantir de forma efectiva os dereitos lingüísticos da poboación falante de éuscaro tanto nos ámbitos formais (educación, servizos público, medios de difusión social) como nos informais (ocio, amizades, familia), preséntanse coma os obxectivos clave.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder