País Vasco

A Viceconsellería vasca de Política Lingüística pon a disposición dos usuarios novos produtos dixitais en éuscaro

A Viceconsellería de Política Lingüística puxo a disposición os seguintes produtos: o corrector ortográfico Xuxen para dispositivos móbiles, plugins actualizados dos dicionarios Elhuyar e cinco vídeos que amosan como instalar o software básico de éuscaro.

Fonte: Euskara

País Vasco

Solicítanlle ao Concello de Barakaldo que oferte os contidos da web ‘barakaldosmartcity’ en éuscaro e inglés

O PNV de Barakaldo (Biscaia) solicitoulle ao equipo de Goberno que leve a cabo os cambios oportunos para que o portal web barakaldosmartcity.com ofreza os seus contidos tanto en éuscaro como en inglés.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Goberno vasco estuda aumentar as horas de éuscaro no modelo A

A conselleira de Educación, Política Lingüística e Cultura, Cristina Uriarte, avanzou que estuda aumentar o número de horas en éuscaro no modelo A, no que se utiliza o castelán como lingua vehicular, xa que cre que “o sistema actual non é válido para garantir un coñecemento práctico das dúas linguas oficiais".

Fonte: El País

País Vasco

O uso do éuscaro aumenta entre os nenos e os mozos no concello de Lezo

A empresa Soziolinguistika Klusterra deu a coñecer os resultados da medición que se fixo en novembro do 2012 sobre o uso do éuscaro na rúa. A utilización do éuscaro subiu en case un punto en cada un destes últimos doce anos. No ano 2000, o 33 % utilizaba o éuscaro e en 2012, un 41,8 %.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco recupera as axudas individuais ao éuscaro para o alumnado

O Goberno vasco manterá este ano o seu compromiso financeiro co fomento do éuscaro ao destinar un total de 41,2 millóns de euros a este fin. Como principal novidade da convocatoria de axudas para este 2013, o Goberno recuperou as bolsas individuais para os alumnos.

Fonte: El Mundo

País Vasco

O plan de normalización do éuscaro no Servizo Vasco de Saúde só acadou o 58 % dos seus obxectivos

O primeiro plan de normalización do éuscaro en Osakidetza (Servizo Vasco de Saúde) 2005-2012 só acadou o 58 % dos seus obxectivos. A principal carencia continúa radicando no uso da lingua, tanto nas relacións internas do persoal sanitario como nas relacións asistenciais.

Fonte: El Mundo

País Vasco

A canle pública vasca EiTB apostará por unha maior presenza do éuscaro

A canle xeneralista en éuscaro terá unha programación propia e nova de máis de dez horas diarias na grella de 2013-2014, redeseñando o intervalo de mediodía á noite.

Fonte: El País

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa defende a legalidade de aplicar criterios lingüísticos en contratos públicos

A Deputación de Guipúscoa defendeu a legalidade de aplicar criterios lingüísticos nos contratos de carácter público e lamentou que a Avogacía do Estado poña “trabas” á normalización do éuscaro, debido a que, ao seu parecer, se trata dunha “ferramenta válida” para a súa normalización.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Denuncian que un colexio da localidade de Murgia non ofrece o modelo educativo D de ensino integramente en éuscaro

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia, denunciou que o colexio Escola Virxe de Ouro da localidade alavesa de Murgia non imparte o modelo de ensino D, o que obriga aos alumnos a desprazarse ao veciño municipio de Izarra.

Fonte: Deia

País Vasco

As ferramentas Windows 8 e Office 2013 xa están xa están dispoñibles en éuscaro

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco e Microsoft presentaron as novas ferramentas Windows 8 e Office 2013 en éuscaro, nun acto que se celebrou unha sala BBK de Bilbao, baixo o título de “Novas oportunidades a través das TIC”.

Fonte: El Diario

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder