País Vasco

O municipio de Eibar celebrará unha feira dedicada ao éuscaro

Multitude de localidades vascas celebrarán as súas respectivas carreiras populares en favor do éuscaro baixo o lema ‘Euskaraz bizi nahi dut’ (Quero vivir en éuscaro). Eibar xa viviu unha actividade así o ano pasado, pero nesta ocasión quixo distinguirse e por ese motivo a cidade acollerá unha feira dedicada ao éuscaro. A cita permitirá coñecer os distintos ámbitos nos que un pode desenvolver diferentes actividades en éuscaro sen ter que deixar de lado a lingua vasca. Será unha festa de adhesión ao éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Durango presenta unha nova campaña para coñecer o uso do éuscaro nos comercios e bares

O Concello de Durango deu a coñecer os pormenores da nova campaña ‘Guk euskaraz’ que, ademais de incrementar a paisaxe lingüística do comercio e a hostalería, busca «axudar aos empregados do sector a traballar en éuscaro tanto oral coma escrito».

Fonte: El Correo

País Vasco

O Servizo de Éuscaro de Muskiz convoca axudas ás rotulacións en éuscaro

As tendas e establecementos do sector comercial e hostaleiro situados en Muskiz poderán optar a unha subvención do Servizo de Éuscaro para a instalación de rótulos e toldos en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

A Real Academia da Lingua Vasca recibe o premio Cidadán Europeo 2013

O labor da Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, foi recoñecido polo Parlamento Europeo ao outorgarlle o premio Cidadán Europeo en recoñecemento á súa traxectoria para fixar as normas de uso, fomentar a utilización social e os dereitos dos falantes do éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

EiTB e Euskaltzaindia traballarán xuntos na difusión e afianzamento do éuscaro

A directora de EiTB, Maite Iturbe, e o presidente de Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, renovaron o acordo de colaboración entre ambas as entidades ata 2016, en virtude do cal os medios de comunicación do ente público vasco axudarán "á difusión e afianzamento do modelo de éuscaro estándar de calidade".

Fonte: Deia

País Vasco

A industria da dobraxe en éuscaro está en perigo de desaparecer

A produción, que se limita a series de animación, caeu á metade en apenas cinco anos. A industria da dobraxe en éuscaro, que agrupa a uns 200 profesionais, non esconde a súa desesperación e avisa de que se non cambia a política do Goberno vasco e da televisión pública vasca, non sobrevivirá.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Deputación de Biscaia impulsa unha campaña para a transmisión familiar do éuscaro

A directora para a promoción do éuscaro da Deputación Foral de Biscaia, Ana de Castro, presentou, xunto con Andoni Busquet, en representación de EUDEL, e Lander Aiarza, presidente da Mancomunidade de Txorierri, a campaña "Eman giltza-¡Fálalle, escóitao!", cuxo obxectivo é promover a transmisión do éuscaro de xeración en xeración.

Fonte: Gente Digital

País Vasco

Crean “Darabilbo”, unha nova forma de practicar éuscaro en Bilbao

O Concello de Bilbao e a rede de Euskaltegis da capital biscaíña crearon “Darabilbo, Erabili euskara Bilbon”, un proxecto que ten como obxectivo ofrecerlles aos cidadáns máis oportunidades para practicar éuscaro.

Fonte: ABC

País Vasco

Comeza na comarca de Oarsoaldea a campaña para impulsar o uso do éuscaro ao comprar o pan

A Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea, a través dos catro servizos de éuscaro da comarca, vai sortear o pan dun mes en todas as panaderías - pastelerías que participan na iniciativa ‘Eskatu ogia euskaraz! - ¡Pide o pan en éuscaro!’. O vendedor ou vendedora entregará un boleto aos clientes que pidan en éuscaro. Unha vez completado o boleto, deberá depositarse nas furnas que haberá na mesma panadería.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Deportistas biscaíños de elite participarán nunha campaña a favor do éuscaro

Deportistas biscaíños de primeiro nivel van liderar, xunto á Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao, a Asociación de Pais e Nais de Biscaia, BIGE e Itzarri Consulting unha campaña a favor da normalización do éuscaro tendo como base o ámbito deportivo.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder