País Vasco
EiTB e Euskaltzaindia traballarán xuntos na difusión e afianzamento do éuscaro
A directora de EiTB, Maite Iturbe, e o presidente de Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, renovaron o acordo de colaboración entre ambas as entidades ata 2016, en virtude do cal os medios de comunicación do ente público vasco axudarán "á difusión e afianzamento do modelo de éuscaro estándar de calidade".
Fonte: Deia
A industria da dobraxe en éuscaro está en perigo de desaparecer
A produción, que se limita a series de animación, caeu á metade en apenas cinco anos. A industria da dobraxe en éuscaro, que agrupa a uns 200 profesionais, non esconde a súa desesperación e avisa de que se non cambia a política do Goberno vasco e da televisión pública vasca, non sobrevivirá.
Fonte: El Correo
A Deputación de Biscaia impulsa unha campaña para a transmisión familiar do éuscaro
A directora para a promoción do éuscaro da Deputación Foral de Biscaia, Ana de Castro, presentou, xunto con Andoni Busquet, en representación de EUDEL, e Lander Aiarza, presidente da Mancomunidade de Txorierri, a campaña "Eman giltza-¡Fálalle, escóitao!", cuxo obxectivo é promover a transmisión do éuscaro de xeración en xeración.
Fonte: Gente Digital
Crean “Darabilbo”, unha nova forma de practicar éuscaro en Bilbao
O Concello de Bilbao e a rede de Euskaltegis da capital biscaíña crearon “Darabilbo, Erabili euskara Bilbon”, un proxecto que ten como obxectivo ofrecerlles aos cidadáns máis oportunidades para practicar éuscaro.
Fonte: ABC
Comeza na comarca de Oarsoaldea a campaña para impulsar o uso do éuscaro ao comprar o pan
A Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea, a través dos catro servizos de éuscaro da comarca, vai sortear o pan dun mes en todas as panaderías - pastelerías que participan na iniciativa ‘Eskatu ogia euskaraz! - ¡Pide o pan en éuscaro!’. O vendedor ou vendedora entregará un boleto aos clientes que pidan en éuscaro. Unha vez completado o boleto, deberá depositarse nas furnas que haberá na mesma panadería.
Fonte: Diario Vasco
Deportistas biscaíños de elite participarán nunha campaña a favor do éuscaro
Deportistas biscaíños de primeiro nivel van liderar, xunto á Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao, a Asociación de Pais e Nais de Biscaia, BIGE e Itzarri Consulting unha campaña a favor da normalización do éuscaro tendo como base o ámbito deportivo.
Fonte: Deia
Un estudo constata o descenso do uso do éuscaro en Soraluze
Entre as moitas conclusións que ofrece a análise do sector educativo en Soraluze, destaca o descenso no uso do éuscaro, tanto no que a coñecemento como ao seu uso respecta. Por un lado, o número de falantes de éuscaro descendeu, do 60,5 % ao 56,8 % nos últimos dez anos; e, por outro, descende tamén o uso, sobre todo nos grupos de idade máis novos.
Fonte: Diario Vasco
Profesionais e universitarios compartirán as súas experiencias co éuscaro nunha nova campaña
O músico Fermín Muguruza, a cociñeira Aizpea Oihaneder ou a deseñadora de moda Iraia Oiartzabal son algúns dos profesionais que falarán das súas experiencias co éuscaro no proxecto “Ika Mizka”, que percorrerá tres campus de Guipúscoa para fomentar o uso desta lingua entre a mocidade.
Fonte: Diario Vasco
O plan de promoción do éuscaro de Getxo incidirá nos inmigrantes e o ocio
O Concello de Getxo elaborou un plan de promoción do éuscaro para o período 2013-2016 que inclúe máis de 300 accións e que incidirá nas persoas que non se achegaron ao éuscaro, nos inmigrantes e no ocio.
Fonte: ABC
As xeracións máis novas son as que máis utilizan o éuscaro en Andoain
As xeracións máis novas son as que máis utilizan o éuscaro á hora de relacionarse, mentres que os adultos se expresan en éuscaro con maior frecuencia cando se dirixen aos nenos e moito menos cando manteñen unha conversa con outro adulto. Os datos recóllense no estudio realizado por Soziolinguistika Klusterra, unha medición do uso do éuscaro a nivel de rúa.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín