País Vasco

Ondarroa potenciará o uso do éuscaro nas relacións con outros concellos

O Consistorio de Ondarroa potenciará o uso do éuscaro na Administración local, así como nas relacións que mantén con outros concellos, segundo recolle o quinto plan de normalización da lingua vasca aprobado pola Corporación.

Fonte: El Correo

País Vasco

Destinan 800 000 euros para promover o uso do éuscaro en ámbitos non formais

O Departamento vasco de Educación, Política Lingüística e Cultura destinará 814 200 euros á realización de proxectos destinados a promover e consolidar o uso do éuscaro en ámbitos non formais, en especial os que se desenvolvan no tempo libre.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Ortuella potenciará o uso do éuscaro na vida municipal

O Concello de Ortuella contará durante os próximos catro anos cun novo Plan local de éuscaro, o que permitirá garantir a súa utilización na vida cotiá da institución.

Fonte: Deia

País Vasco

O programa ‘Ikusi eta ikasi’ promoverá o uso do éuscaro entre os rapaces bilbaínos

A X edición do programa ‘Ikusi eta Ikasi’, que ten como obxectivo promover o uso do éuscaro entre os nenos bilbaínos, desenvolverase en centros municipais, colexios e salóns de toda a vila, con más de 40 actos destinados a menores de entre 2 e 8 anos.

Fonte: El Diario

País Vasco

Estudantes participan nun programa do Concello de Barakaldo para a promoción do éuscaro a través do teatro

O Concello de Barakaldo puxo en marcha o programa Antzerkhizkuntza, que vai dirixido aos alumnos de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) –é dicir, a rapaces entre 13 e 14 anos- e mestura a promoción da lingua vasca co teatro.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Concello de Errenteria organiza cursos gratuítos de éuscaro para desempregados

O Concello de Errenteria organizou varios cursos intensivos gratuítos de éuscaro para as persoas en paro empadroadas na localidade.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O rock máis visual alíase coa poboación de Lemoa para fomentar o éuscaro

O Plan de éuscaro 2013-2017 do Concello de Lemoa saíuse do habitual. O documento inclúe medidas que, ademais de facilitar o uso da lingua vasca, fomentan a implicación dos veciños do municipio. A ritmo de rock, o grupo local Larregi asina unha canción que, entoada por residentes na urbe, aspira a converterse en máis que un himno.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Currículo Vasco daralles máis autonomía aos centros e asentará o plurilingüismo

O novo Currículo Vasco empeza a tomar forma. Daralles máis autonomía aos centros, impulsará o plurilingüismo co éuscaro como eixe e as tecnoloxías da información, tratará a dimensión específica da lingua e cultura vascas no contexto mundial, ao tempo que desenvolverá ao máximo a educación por competencias.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de San Sebastián destina 2,5 millóns de euros ao éuscaro, un 2,5 % máis que en 2013

O Concello de San Sebastián incrementou nun 2,5 % o orzamento para o departamento de éuscaro ata acadar os 2,5 millóns de euros, unha suma na que salienta a partida dedicada ao Plan de acción para aumentar o uso desta lingua en todos os ámbitos que ascende a 828 000 euros.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Pasaia pon a disposición dos comerciantes materiais gratuítos en éuscaro para as rebaixas

O Departamento de Éuscaro do Concello de Pasaia lémbralles aos comerciantes que, ademais da axuda que ofrece para pór en éuscaro os avisos e escritos, tamén ten á súa disposición, «de forma totalmente gratuíta», os carteis de rebaixas e outros materiais que se utilizan nesta época.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder