País Vasco

Máis do 36 % da poboación vasca sabe éuscaro e máis do 70 % dos menores de 20 anos é euscaldún

O 36,4 % da poboación de máis de cinco anos da Comunidade Autónoma Vasca sabe ben éuscaro actualmente, mentres que hai 30 anos era o 22 %, e máis do 70 % do grupo de poboación menor de 20 anos é euscaldún, tras ter “un crecemento espectacular”, dado que hai 30 anos non chegaba ao 20 %.

Fonte: La Información

País Vasco

Sábese máis éuscaro, pero úsase menos no fogar e na rúa

O coñecemento do éuscaro continúa a súa progresión ascendente iniciada hai 30 anos, pero constátase un descenso do seu uso no fogar e nas relacións persoais dos vascos, segundo os datos achegados polo Mapa Sociolingüístico referido a 2011.

Fonte: El País

País Vasco

Euskadi non aplicará o Real decreto de linguas da LOMCE tras un acordo entre o Ministerio e o Goberno vasco

Segundo o Executivo vasco, a nova redacción “deixa claro que alí onde o sistema educativo prevé unha oferta sostida con fondos públicos na que o castelán sexa lingua vehicular nalgunha materia, ademais de en materias de lingua e literatura españolas, non será de aplicación o citado Real decreto”. “No sistema vasco de modelos, a existencia do modelo B, sen máis, xa sería suficiente para cumprir ese requisito”.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Goberno vasco destina 1,3 millóns de euros ao uso do éuscaro en Xustiza

O Goberno vasco destinará en 2014 un total de 1,3 millóns de euros para a normalización lingüística do persoal da Administración de Xustiza para garantir o dereito da cidadanía a relacionarse en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno vasco insta o sector privado a que cumpra co éuscaro

O Goberno vasco empraza as empresas privadas a “interiorizar" a necesidade de cumprir coas “obrigas” que a lei establece respecto a informar, rotular ou atender en éuscaro co fin de respectar os dereitos lingüísticas dos consumidores e usuarios. Ademais, subliña que atender correctamente as demandas lingüísticas dos cidadáns é un elemento de calidade que axuda a atraer clientes.

Fonte: Deia

País Vasco

Só un 13 % dos fogares fala éuscaro

O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, destacou o que considera un dos puntos negros no longo camiño da euscaldunización: que só no 13 % dos fogares vascos se fala éuscaro, unha cifra que se eleva ao 20 % se contamos aqueles nos que se escoitan os dous idiomas oficiais.

Fonte: El Correo

País Vasco

As queixas dos vascos contra empresas privadas por vulnerar dereitos lingüísticos crecen un 23%

O Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos do Goberno vasco (Elebide) recibiu en 2013 un total de 304 queixas cidadás por vulneración de dereitos lingüísticos, o que supón un crecemento do 2 % en relación co ano anterior. O cambio máis significativo é o aumento de case o 23 % das reclamacións interpostas contras empresas privadas.

Fonte: Deia

País Vasco

Ondarroa adhírese a un programa para a realización da declaración da renda en éuscaro

O obxectivo desta campaña é impulsar o uso do éuscaro nas relacións que as persoas teñen coa administración. Deste modo, ao realizar a declaración da renda en éuscaro, ademais de abrir novas vías ao idioma, tamén se promove a euscaldunización da administración.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Barakaldo incentivará o uso do éuscaro entre escolares

Barakaldo quere que o éuscaro soe máis nas súas rúas e por iso o Concello porá en marcha un plan para promover o idioma baixo o lema ‘Denok Euskaraz’. A iniciativa dirixirase fundamentalmente a menores de entre 4 e 12 anos, aínda que tamén se implicará aos seus pais, e incluirá actividades gratuítas como xogos e obradoiros.

Fonte: El Correo

País Vasco

O dominio .eus para o éuscaro selecciona os 90 primeiros en usalo

O dominio .eus abriu o prazo de solicitudes para optar a un dos 90 “pioneiros” que serán os primeiros en ter direccións de internet co dominio do éuscaro.

Fonte: Efe Futuro

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder