País Vasco
Oito parques de Donostia reservan horas para xogar en éuscaro
Oito parques da cidade volverán reservar unhas horas cada semana para que os nenos teñan a oportunidade de xogar en éuscaro. A iniciativa, que arrancou en outono de 2012, denomínase Parketarrak e pretende “incrementar o uso do éuscaro dos nenos e nenas do barrio mentres están xogando na rúa ou no parque”, segundo explicou o Consistorio por medio dunha nota.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Irún ofrecerá cursos gratuítos de éuscaro a desempregados
A área de Éuscaro do Concello de Irún presentou Lannahi, o programa de cursos de éuscaro intensivos e gratuítos que ofrecerá a persoas desempregadas, co obxectivo de que “poidan aprender éuscaro ou mellorar o seu nivel actual nun prazo curto”.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
As bibliotecas de Bilbao promoven a lectura en éuscaro
As bibliotecas da rede pública do Concello de Bilbao teñen en marcha a campaña ‘Irakurri, Gozatu eta Oparitu’, unha iniciativa para promover a lectura de textos en éuscaro que ofrece cheques-agasallo na compra de libros de cambio de comentarios dos xa lidos a través do servizo de préstamo municipal.
Fonte: Europa Press
As administracións vascas destinaron en 2012 un total de 146 millóns de euros para o fomento do éuscaro
O conxunto das administracións vascas destinaron en 2012 un total de 146 millóns de euros para o fomento e uso do éuscaro, o que supón unha achega de 68 euros por habitante. Empregaron directamente a 715 persoas. O Goberno vasco é a institución que máis diñeiro inviste (96 millóns de euros) achegando dous de cada tres euros (42 euros por habitante).
Fonte: Deia
Organizan un curso de éuscaro para os comerciantes de Lezo
O Departamento de Éuscaro do Concello organizou un curso de éuscaro para os comerciantes da localidade. O obxectivo do curso é que a comunicación básica entre comerciantes e clientes se realice en éuscaro: saúdos, contas, o tempo etc.
Fonte: Diario Vasco
A asociación AED programa unha festa dirixida aos mozos a partir de 18 anos para promover o éuscaro
Baixo o lema 'Ezberdin baina berdin' o colectivo de mozos de AED programou unha festa que aglutinará diversas actividades co éuscaro como nexo de unión.
Fonte: Diario Vasco
A asociación Zenbat Gara pon en marcha a iniciativa “Gazteola” para impulsar o éuscaro entre nenos e xente nova
A asociación Zenbat Gara presentou a iniciativa “Gazteola”, cuxo obxectivo é promover o uso do éuscaro no ocio e o ensino de nenos e novos de entre 6 e 19 anos. A iniciativa desenvolverá as súas actividades durante todo o ano, pero para este verán xa organizou diversos campus colonias, cursos e obradoiros.
Fonte: Deia
A Universidade do País Vasco ofrecerá un curso para o ensino do éuscaro en universidades do estranxeiro
A Universidade do País Vasco ofrecerá, en colaboración co Instituto vasco Etxepare, un novo curso de formación destinado a lectores de lingua vasca en universidades e centros de educación superior no estranxeiro.
Fonte: 20 minutos
O Goberno vasco lanza “Poziktibity”, unha serie de entrevistas entre referentes sociais para fomentar o uso do éuscaro
O Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco, en colaboración con EiTB, puxo en marcha “Poziktibity”, un proxecto que, a través dunha serie de entrevistas entre varias persoas “referentes” da sociedade vasca debido á súa profesión e non pola súa relación co éuscaro, busca fomentar o uso desta lingua.
Fonte: Europa Press
O éuscaro sae de novo ás rúas de Portugalete
Falar éuscaro, cada un da maneira que saiba. Ese é o obxectivo da iniciativa Mintzodromo. A práctica da lingua vasca en plena rúa tivo un grande éxito e iso levou aos seus organizadores a pór en marcha unha segunda rolda.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín