País Vasco
A Deputación arabesa destina 233 000 euros a contratar técnicos de éuscaro para as cuadrillas do territorio
Co obxectivo de levar a cabo os programas que fomenten o coñecemento e o uso do éuscaro tanto no territorio histórico como en Treviño, o Goberno foral destinará 233 000 euros para a contratación de persoal técnico.
Fonte: El Diario
A maior proporción de alumnos que estudan en éuscaro está en Ondarroa
A comarca de Ondarroa-Markina presenta o maior número de alumnos que seguen os seu estudos en éuscaro en todas as comarcas vascas. Segundo un estudo realizado polo Goberno vasco, as maiores porcentaxes danse nas comarcas de Markina-Ondarroa (97 %), Plentzia-Mungia (96 %) e Gernika-Bermeo (88 %).
Fonte: Diario Vasco
A iniciativa Parketarrak impulsa o uso do éuscaro entre os máis pequenos en Donostia
As rúas e os parques de San Sebastián son o escenario dos xogos diarios de moitos dos máis pequenos, e para que nesas tardes de entretemento infantil o éuscaro estea cada vez máis presente, o servizo de éuscaro do concello puxo en marcha o programa Parketarrak, xunto con Urtxintxa Eskola e as comisións de éuscaro dos distintos barrios da cidade.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de San Sebastián apoiará o uso do éuscaro na paisaxe lingüística
O Consistorio de San Sebastián aprobou unhas axudas para impulsar a presenza do éuscaro na paisaxe lingüística da cidade. A responsable de Éuscaro do Concello, Nerea Txapartegi, explicou que resulta prioritario incrementar a presenza deste idioma no sector do comercio, hostalería e servizos.
Fonte: Diario Vasco
Euskaltzaindia e a Fundación Sabino Arana asinan un acordo para a promoción e bo uso do éuscaro
A Fundación Sabino Arana e a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, asinaron en Bilbao un convenio de colaboración, por un período de cinco anos, centrado na promoción, normalización e bo uso do éuscaro.
Fonte: Deia
O grupo de comunicación público vasco EITB esixirá por primeira vez saber éuscaro para formar parte do cadro de persoal
O grupo de comunicación público vasco EITB quere adelgazar o seu cadro de persoal e cambiar os traballadores e traballadoras que non saben éuscaro por outros que sexan bilingües.
Fonte: Ecoteuve
O Goberno de Euskadi subvenciona con 400 000 euros varias iniciativas de fomento do éuscaro en Iparralde
A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco achegará 400 000 euros a un fondo de colaboración con Euskararen Erakunde Publikoa (Organismo Público da Lingua Vasca) no País Vasco francés, para subvencionar a actividade das organizacións que impulsan iniciativas de fomento do éuscaro nesta zona de Francia.
Fonte: Diario Vasco
Getxo fomenta que a mocidade saque o carné en éuscaro
O Concello de Getxo segue conxugando carné de conducir, xuventude e éuscaro. É por isto que o Consistorio axudará con 100 euros as persoas entre 17 e 23 anos que saquen o carné de conducir en éuscaro.
Fonte: Deia
O tradutor automático vasco dá o salto da web ao móbil
A conselleira de Educación, Cristina Uriarte, e o viceconselleiro de Política Lingüística, Patxi Baztarrika, presentaron a terceira fase do tradutor automático do Goberno vasco que traduce textos curtos (1500 caracteres) e páxinas web. Ademais, pódese usar desde o móbil con sistema operativo Android e IOS.
Fonte: Noticias de Álava
Créase unha comisión específica de éuscaro en Eibar desligada da área de Cultura
O Concello de Eibar disporá a partir de agora dunha comisión asesora específica de éuscaro de forma que todos os temas relacionados coa lingua quedarán desligados do departamento de Cultura, área á que estaba adscrito ata agora, para pasar a ter un tratamento propio na nova comisión. Con esta decisión, o equipo de goberno pretende dar un novo impulso á promoción do éuscaro.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín