País Vasco
Censuran as carencias dos estudos de Enxeñería en éuscaro
Sen libros de texto en éuscaro ou con penosas traducións, manuais elaborados ata polos alumnos e con materias que non se poden impartir por falta de profesores euscaldúns. Desta forma describe o Consello de Estudantes da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Bilbao as carencias que atopan os alumnos que deciden cursar a carreira en lingua vasca.
Fonte: El Correo
Xorde ‘K', un espazo creativo e en éuscaro aberto á xuventude
A Deputación foral de Biscaia lanzou unha iniciativa, denominada “K”, que constitúe un espazo aberto e en éuscaro para que a xuventude exprese as súas inquedanzas e se converta no seu “altofalante”.
Fonte: El País
O éuscaro gaña espazo na rede, especialmente en Twitter
Durante un tempo, o éxito do proceso de revitalización do éuscaro representouse mediante os 200 000 falantes que gañou a lingua en apenas 20 anos. Agora, os logros do éuscaro están empezando a medirse tamén en función da capacidade que ten de ocupar posicións moi sinaladas en internet e nos seus derivados.
Fonte: Diario Vasco
Entregaranse 1500 catálogos de produtos en éuscaro en Ermua
O Concello de Ermua xunto con outros 100 servizos de éuscaro doutros concellos e mancomunidades de Euskadi publicaron a nova edición do ‘Euskarazko Produktuen Katalogoa’ (Catálogo de produtos en éuscaro). Trátase dun catálogo útil e proveitoso no que se recollen centos de preferencias para nenas, nenos e mozos de 0 a 16 anos, polo que se achegan numerosas pistas sobre posibles regalos para estas datas de Nadal.
Fonte: El Correo
Os bebés de tres meses distinguen éuscaro e castelán, segundo un estudo
Os bebés de tres meses diferencian éuscaro e castelán polo ritmo e a entoación, segundo recolle un estudo do Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL) de San Sebastián. O informe proba ademais que “os bebés de contornos bilingües teñen unha maior sensibilidade para discriminar idiomas” e que aqueles cuxos pais falan unicamente en éuscaro presentan un “comportamento bilingüe” a causa do entorno.
Fonte: Diario Vasco
Convócase en Abadiño un concurso para escoller o mellor piropo en éuscaro
A agrupación cultural Barrizten, en colaboración co Concello de Abadiño, convocou o primeiro Concurso de Piropos en éuscaro co obxectivo de fomentar «dunha forma lúdica» o uso literario desta lingua.
Fonte: El Correo
Os concellos de Oarsoaldea fomentan o éuscaro nos comercios
Desde hai xa algúns anos, os concellos de Errenteria, Lezo, Oiartzun e Pasaia unen esforzos, a través da Comisión de Éuscaro de Oarsoaldea, para fomentar a normalización do éuscaro no sector do comercio e da hostalería. Co obxectivo de “aumentar a presenza” desta lingua nestes establecementos, ofrécelles aos seus responsables un servizo gratuíto que abrangue tradución, maquetación, diferentes soportes para a paisaxe lingüística en éuscaro e asesoría técnica.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco destina case un millón de euros a fomentar o éuscaro
O Consello do Goberno vasco aprobou a orde pola que se regula e convoca a concesión de subvencións para a promoción, difusión ou normalización do éuscaro na sociedade, durante o ano 2014, que conta cun importe económico próximo ao millón de euros, 979 200 euros en concreto.
Fonte: Deia
O Plan de éuscaro de Eibar trata de normalizar o seu uso nas entidades públicas
O Concello de Eibar aprobou o quinto Plan de éuscaro cuxo obxectivo é "abranguer novos ámbitos dirixidos á normalización do idioma e a posibilidade de contar coa opción de vivilo, na cidade, tanto nas relacións cotiás como no ámbito de traballo municipal".
Fonte: El Correo
O Goberno central rexeita a petición vasca para usar o éuscaro na tarxeta sanitaria
O Goberno central desestimou o requirimento do Goberno vasco contra a regulación da tarxeta individual sanitaria, dado que a nova normativa non lles permite ás comunidades incorporar datos propios que permitan cumprir, no caso de Euskadi, coa Lei vasca de normalización do uso do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín