País Vasco
A empresa Virtualware crea videoxogos para fomentar o éuscaro
Os móbiles e as tablets convertéronse nunhas das plataformas de ocio preferidas pola mocidade vasca, pero, no entanto, a maioría das aplicacións só están en inglés ou en castelán. Ante a falta de apps en éuscaro, a compañía biscaíña Virtualware desenvolveu cinco videoxogos para promover e difundir o uso do idioma entre o público infantil e xuvenil.
Fonte: La Vanguardia
O Servizo Vasco de Saúde aplicará o seu plan de éuscaro nos centros privados
O II Plan de éuscaro de Osakidetza inclúe diferentes iniciativas para profundar no respecto que se debe ao éuscaro e ás persoas euscaldúns. Por exemplo, solicitaráselles aos ambulatorios ou centros de saúde que introduzan os seus respectivos plans de éuscaro. Pero a euscaldunización no sistema vasco de saúde va máis alá e, por iso, prevé achegar a lingua tamén ás clínicas e centros privados.
Fonte: Noticias de Álava
Os traballadores do Concello de San Sebastián fan un mosaico a prol do emprego do éuscaro
Os traballadores do Concello de San Sebastián formaron un mosaico xigante en apoio a 'Udalean ere euskaraz', unha campaña de comunicación e sensibilización para promover o uso do éuscaro na Administración.
Fonte: Diario Vasco
Bilbao acolle unha exposición para incentivar o interese polo éuscaro
Alhóndiga Bilbao inaugurou a exposición temporal "Badu Bada 'O éuscaro nun mundo multilingüe'", cuxo obxectivo é activar o interese da cidadanía por esta lingua, afondar nela e promover a diversidade lingüística.
Fonte: ABC
Unha campaña posta en marcha polo Concello de Donostia fomentará a transmisión do éuscaro aos nenos
O Concello de Donostia concederalles ás nais e aos pais de nenos acabados de nacer o libriño Gure haurra, para fomentar a transmisión familiar do éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Televisión Pública Vasca prevé esixirlle o éuscaro a todo o seu persoal, incluídas subcontratas
A dirección de EiTB presentou ao consello de administración un plan de éuscaro para o período 2013-2016 que implicará asignar perfís lingüísticos a todos os postos de traballo da radiotelevisión pública e incluso esixírllelos ao persoal das empresas subcontratadas.
Fonte: El Mundo
A Mancomunidade de Durango pon en marcha unha campaña para fomentar o éuscaro nas prácticas deportivas
A Mancomunidade de Durango puxo en marcha a campaña 'Euskara eta kirola sasoian' co fin de consolidar a normalización da lingua vasca en todas as facetas da vida diaria. O obxectivo desta iniciativa é «coñecer a situación do éuscaro no deporte da comarca e buscar vías para fomentar o seu uso».
Fonte: El Correo
Presentan o V Plan xeral de normalización do uso do éuscaro no Goberno vasco
A conselleira de Cultura quixo explicar o obxectivo principal do plan: “Sendo o éuscaro e o castelán as dúas linguas oficiais, o obxectivo do Plan é que a cidadanía escolla o idioma que crea conveniente na súa relación coa Administración, que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía e que, para que esa oficialidade sexa real, se empregue o éuscaro como lingua de servizos e de traballo".
Fonte: Euskara
Unha aplicación para móbiles fomenta o éuscaro cos valores do Athletic Club de Bilbao
A Fundación Athletic Club e Euskaltzaleen Topagunea presentaron unha aplicación gratuíta para móbiles e tablets que ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro entre pais e fillos mediante a transmisión dos valores do Athletic.
Fonte: Deia
As industrias da lingua en Euskadi facturan 278 millóns de euros durante o pasado exercicio
As industrias da lingua en Euskadi facturaron 278 millóns de euros durante o pasado ano, cifra que supón un crecemento do 0,5 por cento respecto ao exercicio anterior, nun sector que aglutina un total de 5058 empregos no País Vasco e que creceu o 1,26 por cento en canto a número de traballadores en 2013, segundo a Asociación de Industrias da Lingua no País Vasco, Langune.
Fonte: El Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín