País Vasco

O Centro Vasco de Neurociencias crea unha aplicación en liña que mide o coñecemento do español

O centro vasco de neurociencias lanzou un xogo para medir en cinco minutos as palabras que o usuario coñece do español. Desde o seu lanzamento xa participaron máis de 75 000 persoas de todo o mundo. Os resultados empregaranse para entender como os lectores procesan as palabras escritas.

Fonte: El Boletín

País Vasco

Os tribunais eliminan a obrigatoriedade de saber éuscaro para os condutores de autobús en Donostia

Unha sentenza do Xulgado do Social número 2 de San Sebastián elimina a obrigatoriedade da proba de éuscaro para os aspirantes a traballar como condutores da compañía municipal de autobuses Donostibus (Dbus).

Fonte: El Mundo

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa cre que en 2015 poderá prestar todos os seus servizos en éuscaro

A Deputación de Guipúscoa asegura que logrou o 85 % dos obxectivos incluídos na estratexia para fomentar o uso do éuscaro na institución foral e cre que a este ritmo poderá cumprir en 2015 co propósito de prestar todos os servizos nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha medición realizada na rúa sitúa o uso do éuscaro nun 23,40 %

Kultur Etxea acolleu a presentación dos resultados que lanzou unha medición efectuada por Soziolinguistika Klusterra en catro zonas de Urretxu e de Zumarraga. O obxectivo non consistiu nunha enquisa sobre o uso do éuscaro, senón nunha medición efectuada con discreción e no anonimato das persoas que o levaron a cabo.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Getxo apoia o éuscaro con case 182 000 euros

O Concello de Getxo marcouse a firme meta de impulsar o éuscaro no municipio e, para iso, sabe o importante que é o labor que realizan as distintas asociacións da localidade –na súa maioría de ámbito cultural- que teñen ese mesmo obxectivo. Así, o Consistorio axudaraas con máis de 181 521 euros.

Fonte: Deia

País Vasco

A Rioxa Arabesa asegúrase o seu plan de éuscaro

A comarca da Rioxa Arabesa xa conta cun documento estratéxico para pór en valor o éuscaro na rexión tras a aprobación das medidas propostas pola Comisión Asesora, que se prolongarán ata o ano 2017.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Inician unha campaña en San Sebastián para relacionarse en éuscaro co Concello

O Concello puxo en marcha unha campaña nos medios de comunicación (Udalean ere Euskaraz) para animar a cidadanía a relacionarse en éuscaro coa Administración municipal. O alcalde Juan Karlos Izagirre animou os donostiarras a vencer as súas resistencias a comunicarse neste idioma porque o 95 % dos funcionarios en postos de atención ao público poden relacionarse en ambos os idiomas, unha cifra que será do 100 % a finais de 2017.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa subscribe un convenio para fomentar a lectura xuvenil en éuscaro

A Deputación Foral de Guipúscoa e a asociación de literatura infantil e xuvenil en lingua vasca Galtzagorri Elkartea subscribiron un convenio de colaboración para fomentar a afección á lectura.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Miles de persoas reivindican o uso do éuscaro na Rioxa Arabesa

Miles de persoas reivindicaron o uso do éuscaro na Rioxa Arabesa coa súa participación en Lapuebla de Labarca na festa das ikastolas alavesas, nunha xornada festiva con éxito de público e na que o bo tempo acompañou.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Nenos e novos convertéronse no motor do uso do éuscaro en Tolosa

Tras anos de moitos esforzos por parte das diferentes entidades que traballan polo uso do éuscaro chégase á década do 2000 e «os datos cambian ata tal punto que hogano sete de cada 10 menores de 14 anos en Tolosa comunícase en éuscaro e algo máis da metade do novos entre 15 e 24 anos tamén».

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder