País Vasco
As actitudes favorables á promoción do éuscaro duplican as contrarias ao seu impulso
A actitude ‘euskaltzale’ ou favorable á promoción do éuscaro duplica as posicións reticentes ao impulso desta lingua, segundo se recolle no estudo ‘O éuscaro na Comunidade Autónoma do País Vasco: competencia, uso e opinión’, presentado polo Goberno vasco.
Fonte: 20 minutos
O Goberno vasco destina dez millóns de euros para fomentar o éuscaro
O Goberno vasco adxudicou xa a maioría das subvencións, o 82 %, para o apoio a iniciativas de fomento do éuscaro no País Vasco, ao que destinará un total de 9 984 300 euros.
Fonte: El Mundo
A Deputación de Áraba inviste 216 000 euros en contratar técnicos de éuscaro para as cuadrillas do territorio
Entre as funcións e tarefas destes técnicos, salienta o poder axudar aos concellos e cuadrillas do territorio e aos concellos do Condado de Treviño, así como a estruturas dependentes destes e a asociacións, a fomentar e aumentar o uso do éuscaro. Tamén persegue promover o coñecemento e o uso do éuscaro entre os axentes do territorio que o soliciten, así como ofrecer un servizo de traducións para os axentes do territorio que así o demanden, ademais de coordinar e colaborar no desenvolvemento de actividades e programas recollidos no Plan Xeral de Promoción e Uso do Éuscaro.
Fonte: El Diario
O Concello de Tolosa dá un paso máis cara á normalización do éuscaro
O Concello de Tolosa deu outro paso máis a prol da normalización lingüística do éuscaro, tras asinar acordos de colaboración co euskaltegi Goiztiri AEK e a asociación Hitzaro Euskara Elkartea.
Fonte: Diario Vasco
O colectivo Euskalgune ofrecerá diversas actividades para promover o éuscaro nas festas de Bilbao
Os membros do colectivo Euskalgune ofrecerán durante a semana grande de Bilbao diversas actividades en éuscaro que se caracterizarán por ser “participativas e accesibles para todos” co obxectivo de promover o éuscaro durante os festexos.
Fonte: El Correo
O Departamento de Éuscaro de Irún abre o prazo para solicitar bolsas de aprendizaxe ou mellora do éuscaro
O Departamento de Éuscaro do Concello de Irún abriu o período de solicitude dirixido ás persoas que estudaran éuscaro no curso 2012-2013 (de outubro de 2012 a setembro de 2013). Para ter acceso a estas axudas hai que ter cumpridos os 16 anos e poderanse beneficiar ata os estudantes que acaben os seus curso con data de 30 de setembro de 2013.
Fonte: Diario Vasco
O programa de deporte e éuscaro ‘Eskola Kirola’ prepara o novo curso
Este programa, posto en marcha polo Concello de Irún e os centros escolares, fusiona o deporte e o éuscaro e está destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Fonte: Diario Vasco
Os desempregados donostiarras poderán realizar cursos de éuscaro gratuítos
As persoas desempregadas que estean empadroadas en San Sebastián poderán realizar cursos gratuítos de éuscaro o próximo curso, grazas ás subvencións do Servizo de Éuscaro do Concello donostiarra.
Fonte: Diario Vasco
Un grupo trata de reunir voces para cantar en éuscaro
Un grupo de eibarreses trata de formar un grupo amplo de voces para cantar cancións en éuscaro. En principio, non existía en Eibar grupo ningún específico dedicado a cantar cancións en éuscaro e agora baixo o nome Eibar Kantu Zaleak trátase de reunir os amantes dos temas musicais vascos, de cara á formación deste primeiro grupo.
Fonte: Diario Vasco
Unha nova aplicación permite conxugar os verbos en éuscaro no móbil
A aceleradora de proxectos tecnolóxicos e desenvolvementos web Ideateca acaba de pór en marchar unha aplicación para dispositivos móbiles que permite conxugar os verbos en éuscaro. A aplicación gratuíta –denominada Aditzak.com- está desenvolvida en colaboración co filólogo vitoriano Garikoitz Knörr e complementa o uso da ferramenta por internet Aditzak.com.
Fonte: Basque Research
Boletín
Subscríbase ao boletín