País Vasco
A Real Academia da Lingua Vasca solicítalle a Francia que declare o éuscaro lingua oficial
A Real Academia da Lingua Vasca/Euskaltzaindia solicitoulle ao Goberno de Francia “medidas concretas e efectivas de apoio e impulso ao éuscaro”, entre elas que se declare este idioma como lingua oficial. A misiva enviouse agora con motivo da creación en Francia dunha comisión consultiva para o fomento das linguas minorizadas.
Fonte: Diario Vasco
O éuscaro é a lingua minoritaria máis twitteada
O éuscaro é a lingua minoritaria que conta con máis usuarios e tweets na rede social Twitter, segundo un estudo realizado polo profesor Kevin Patrick Scanell da Universidade San Luis de Missouri.
Fonte: Euskara
A organización ICANN aproba o dominio .eus para a comunidade da lingua e a cultura vascas
Despois dun ano en fase de avaliación, a organización ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers – Corporación de Internet para Nomes e Números Asignados) aprobou o dominio .eus para a comunidade da lingua e a cultura vascas.
Fonte: EITB
A Deputación de Guipúscoa detecta un “retroceso” no uso do éuscaro en Kutxabank
A Deputación de Guipúscoa criticou o “manifesto retroceso” do uso e a atención en éuscaro en Kutxabank desde a fusión das tres caixas vascas.
Fonte: Finanzas
O municipio de Arrigorriaga impulsa a promoción e uso do éuscaro no sector hostaleiro
Ata agora, son máis dunha trintena os estabelecementos que asinaron o acordo de traballar a favor da normalización lingüística no sector e que se beneficiaron, para isto, de medidas postas a disposición polo concello, como servizo de tradución, materiais en éuscaro, axudas económicas para a instalación de rótulos e toldos comerciais en lingua vasca e clases de éuscaro para comerciantes.
Fonte: Deia
O Festival de Cine de San Sebastián únese a Kontseilua para impulsar o éuscaro
A 61ª edición do Festival de San Sebastián integrará na súa axenda o concurso de curtametraxes que reflicten o desexo de vivir en éuscaro iniciado por Kontseilua (Consello de Organismos Sociais do Éuscaro) o ano pasado.
Fonte: Diario Vasco
A asociación Banaiz Bagara organiza paseos para practicar éuscaro por Azkoitia
Estes paseos permitirán practicar o éuscaro, coñecer novo vocabulario sobre a natureza, a vila, a cidade, a historia e a relación entre xentes do lugar e doutros lugares, podendo ademais gozar do clima de verán e dun bo e agradable ambiente.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco recoñece "grandes carencias" no uso do éuscaro nas administracións
O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, recoñeceu que seguen existindo "grandes carencias" no uso do éuscaro no ámbito laboral das administracións públicas de Euskadi, nas que os traballadores que poden desempeñar as súas funcións íntegra ou parcialmente en éuscaro representan arredor do 59 %.
Fonte: El Correo
O Concello de San Sebastián organiza un programa para que os escolares utilicen o éuscaro fóra das aulas
O Concello de San Sebastián volverá a pór en marcha o programa Haurrak Beti Jolasean para fomentar o uso do éuscaro fóra das aulas a través de xogos e actividades lúdicas.
Fonte: Diario Vasco
O concello de Beasain prorroga por outro ano o Plan Estratéxico do uso do éuscaro, aprobado en 2007
O Concello de Beasain aprobou o Plan Estratéxico do Plan Xeral de Promoción do Uso do Éuscaro (EBPN) para o período 2007-2011, alá por marzo de 2007. O Plan Estratéxico en si pretendía chegar a todos os ámbitos da poboación e da sociedade besaindarra: familia, colexios, institucións, empresas, medios de comunicación, entidades socioculturais, tempo libre, o ámbito relixioso, o deporte, as relacións sociais, entre outros.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín