País Vasco

O Goberno vasco recoñecerá os certificados dos niveis básicos para a aprendizaxe do éuscaro

O Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura vai recoñecer, a través de Habe, as certificacións académicas dos niveis básicos de éuscaro A1 e A2 do Marco Europeo para as Linguas, integrándoos no Currículo Básico para a Euscaldunización de Adultos.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Presentan un novo método de aprendizaxe de éuscaro para niveis básicos

O Instituto de Euscaldunización e Alfabetización do Goberno vasco, HABE, presentou un novo método de aprendizaxe de éuscaro, denominado “Primeran!”, dirixido aos alumnos dos niveis básicos A1 e A2.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Nace o maior corpus do éuscaro, que reúne 205 millóns de palabras

A comunidade educativa vasca conta xa co corpus de éuscaro máis grande xamais elaborado cun total de 204,9 millóns de palabras. Elaborado polo Instituto do Éuscaro da Universidade do País Vasco está dispoñible en liña a través de www.ehu.es/etc.

Fonte: El Correo

País Vasco

Reivindican o éuscaro como medio para a convivencia

A 18 edición da Korrika comezou en Andoain, onde Okar Elizburu, membro do consello reitor de AEK, salientou que, “sen normalización lingüística non pode haber normalización social” e que “o éuscaro é un medio imprescindible para a convivencia”.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Biscaia aproba unha proposta para garantir o uso do éuscaro

As Xuntas Xerais de Biscaia aprobaron unha proposta de Bildu para que a Deputación garanta o uso do éuscaro por parte das empresas que reciban subvencións forais.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Crean unha nova ferramenta para o ensino do éuscaro na Formación Profesional

A principal novidade que incorpora o portal é a sección Komunitatea, que lles permite aos docentes de Formación Profesional subir á web o material xerado por eles mesmos en éuscaro e compartilo. Ese material, pertencente á totalidade das familias de FP, está a disposición de calquera usuario de forma libre e gratuíta.

Fonte: Euskara

País Vasco

Galdakao ofrécelles clases de éuscaro coloquial aos adolescentes

O Servizo de Éuscaro do Concello de Galdakao impartirá sesións sobre lingua vasca aos alumnos de ensino secundario e bacharelato. Pode parecer que xa teñen materias para isto e que xa dominan perfectamente o idioma, pero, lonxe das formalidades, as clases terán un contido máis aplicable á vida real que o idioma normativo.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Goberno vasco recupera as axudas á aprendizaxe de éuscaro para adultos

O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, anunciou que o executivo autónomo recuperou no seu Proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma Vasca para 2013 a convocatoria de axudas individuais para a euscaldunización adultos, eliminada polo Goberno anterior, e que a dotou de 700 000 euros.

Fonte: Deia

País Vasco

Ondarroa lidera o uso do éuscaro no País Vasco

En Ondarroa reina o éuscaro. Os datos extraídos do último estudo realizado por Soziolinguistika Klusterra e o Instituto Vasco de Estatística (Eustat) confirman que se utiliza en nove de cada dez conversas da vida cotiá ao situarse nun 93,6 %. «Case a totalidade dos seus 8856 habitantes comunícase coa lingua vasca», tal e como sinala o informe. Unicamente un 4,7 % utiliza o castelán, mentres que o 1,7 % restante se decanta por outros idiomas.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Goberno vasco ensina a deseñar páxinas web en éuscaro

O Instituto Vasco de Administración Pública editou un libro dixital dirixido a orientar na creación de páxinas web integramente en éuscaro. Komunikazio elektronikoa. IVAPe gomendioak web-orriak idazteko é o primeiro libro en liña pensado para o usuario interesado en crear páxinas e contidos web cuxa única lingua sexa o éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder