País Vasco
A Fundación Elhuyar presenta un portal de corpus web como ferramenta de consulta
A Fundación Elhuyar creou un portal de corpus web e púxoo a disposición dos usuarios, que encontrarán nel tres recursos: un corpus monolingüe de éuscaro, que contén 125 millóns de palabras; un corpus paralelo éuscaro-castelán, que conta con 18 millóns de palabras; e as combinacións de palabras extraídas automaticamente do corpus de éuscaro.
Fonte: Basqueresearch
Oito de cada dez nenos vascos matricúlanse no modelo D de ensino en éuscaro
Os últimos datos de prematriculación confirman un ano máis a aposta maioritaria das familias polo modelo de ensino en éuscaro (D) e o paulatino retroceso do método bilingüe (B) e en castelán (A).
Fonte: El Correo
O Concello de San Sebastián destinará 1,5 millóns de euros ao éuscaro
O Concello destinará este ano case un millón e medio de euros a actividades e subvencións para o fomento do éuscaro. É a proposta que leva o Goberno municipal no proxecto de orzamentos do Departamento de Éuscaro que, entre outras propostas, inclúe unha partida de 38 000 euros para ofrecer cursos gratis aos donostiarras que estean en paro.
Fonte: Diario Vasco
Un novo plan persegue facilitar o uso do éuscaro como lingua de servizo e de traballo en sanidade no País Vasco
O novo enfoque que persigue o plan é facilitar o uso do éuscaro como lingua de servizo e traballo en sanidade. Non se trata só de que os profesionais saquen os perfís, búscase que o paciente teña a opción de usar o éuscaro; a calidade do servizo mellora con este compromiso.
Fonte: Noticias de Álava
Tolosa entrará a formar parte da asociación de municipios en éuscaro
O Pleno do Concello de Tolosa aprobou, na súa última sesión, solicitar a entrada do Concello de Tolosa na UEMA, a asociación de municipios que traballan só en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A Deputación de Guipúscoa pide a gratuidade da aprendizaxe do éuscaro en adultos
A Deputación de Guipúscoa instou o Goberno vasco a que inclúa os medios e recursos necesarios no proxecto de orzamentos destinados á gratuidade do ensino do éuscaro para adultos.
Fonte: Diario Vasco
O Instituto Etxepare edita un libro sobre a danza vasca por primeira vez en éuscaro, francés e inglés
O Instituto Etxepare publicou en éuscaro, inglés e, por primeira vez, en francés, o libro Danza vasca, de Oier Araolaza, unha obra de divulgación sobre as manifestacións “máis vivas” da danza en Euskadi.
Fonte: ABC
Inician unha campaña en San Sebastián para que os comerciantes se dirixan en éuscaro aos clientes
O obxectivo é que, se o cliente e o empregado dunha tenda coñecen o éuscaro, teñan unha conversa neste idioma. O Concello puxo en marcha unha campaña en 191 establecementos nos que hai empregados que falan éuscaro para fomentar as relacións comerciais nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
Nace Euskalapps.net, a primeira tenda en liña de aplicacións en éuscaro para móbiles

A empresa The Movie Virtual creou unha tenda en liña que reúne as aplicacións en éuscaro. Trátase do proxecto Euskalapps.net e desenvolverá aplicacións en éuscaro para teléfonos móbiles.
Fonte: Euskara
Nace Mintzanet.net, unha ferramenta para practicar éuscaro en calquera lugar
Mintzanet ofrece, se cabe, máis posibilidades que a iniciativa Mintzalagun, xa que permite a todas as persoas manter unha conversa cos seus interlocutores en éuscaro desde calquera lugar do mundo.
Fonte: Euskara
Boletín
Subscríbase ao boletín