País Vasco

Organizan un curso sobre nocións básicas de éuscaro para traballadores da hostalaría

O curso está dirixido a traballadores de hostalaría que desexen usar o éuscaro, a quen busca emprego en hostalaría e saiba pouco ou nada do idioma ou a empregadores que saiban éuscaro e queiran fomentar o seu uso cos empregados.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Basauri creará un consello asesor do éuscaro para medir e fomentar o seu uso

O Concello de Basauri fixou entre as súas prioridades a posta en marcha dun novo plan que promova o uso do éuscaro na localidade. Para levar a cabo a revisión do efectuado ata agora e marcar as liñas que se van seguir para a súa promoción durante os próximos anos, PNV e Bildu aprobaron a constitución dun novo consello asesor do éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Llodio ofrece de novo este curso as clases especiais de éuscaro para avós

Ao igual que outros anos, tamén en 2013 os avós e avoas de Llodio terán dous cursos de éuscaro especiais que van estar repartidos en dous niveis. Trátase dunhas clases moi demandadas sobre todo por aqueles que comparten moitas horas cos seus netos, e necesitan saber o básico para comunicarse con eles.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Máis de 160 entidades reciben axudas para fomentar o éuscaro en centros de traballo

Máis de 160 entidades do sector privado recibirán axudas, por un importe conxunto de 2,28 millóns de euros, dentro da última convocatoria do programa Lanhitz, dirixido a fomentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo.

Fonte: Deia

País Vasco

Arranca outra edición do programa de espectáculos en éuscaro “Ikusi eta ikasi”

O concello de Bilbao pretende, coa entrada do novo ano, achegar os mellores espectáculos en éuscaro a nenos e nenas así coma a persoas adolescentes, da man da novena edición do programa “Ikusi eta Ikasi”.

Fonte: Deia

País Vasco

Organizan ciclos de cine infantil en éuscaro os domingos pola tarde en Labeaga

Volve o cine infantil en éuscaro os domingos pola tarde, impulsado polas Comisións de Éuscaro dos concellos de Urretxu e Zumarraga.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Anoeta organizou un curso de éuscaro para inmigrantes

O Concello de Anoeta puxo en marcha co inicio do novo ano un curso de éuscaro para inmigrantes.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Municipios biscaíños promoven a escolarización en éuscaro de nenos de 2 e 3 anos

Trinta e seis municipios de Biscaia puxeron en marcha unha campaña informativa para animar a unhas 7000 familias a que matriculen no modelo D, de ensino en éuscaro, aos seus fillos de 2 e 3 anos.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Barakaldo busca promover o uso do éuscaro mediante un programa teatral para público familiar

Todas as obras do Programa de Artes Escénicas para Público Familiar confeccionado polo Concello de Barakaldo (Biscaia) para este ano serán representadas en éuscaro. O obxectivo é promover o uso da lingua vasca entre a cidadanía do municipio.

Fonte: 20 Minutos

País Vasco

Unha web de busca de emprego fomenta o uso do éuscaro no traballo

Fomentar o uso do éuscaro no traballo e facilitarlles aos profesionais de sectores como a hostalería, o comercio ou o ensino buscar xente que coñeza este idioma para cubrir ofertas laborais son o obxectivo da iniciativa Beharsarea.net.

Fonte: ABC

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder