País Vasco

O consello de organismos sociais do éuscaro, Kontseilua, reclama medidas para levar esta lingua á vida laboral

O consello de organismos sociais do éuscaro, Kontseilua, reclamoulle á Administración que poña en marcha medidas para que as persoas que queiran “traballar en éuscaro” poidan levar a cabo este propósito.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O 41,8 % das empresas vascas con máis de dez empregados ten páxina web en éuscaro

O 81,6 por cento das empresas vascas con máis de dez empregados dispón de páxina web e un 41,8 por cento permite acceder a elas en éuscaro, segundo a Enquisa sobre a Sociedade da Información do Eustat.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Goberno vasco pon en marcha a campaña "Klik euskaraz" para promover ferramentas de rede en éuscaro

O Goberno vasco puxo en marcha a campaña ‘Klik euskaraz’ para dar a coñecer as ferramentas en éuscaro das que dispón o propio executivo e outras institucións. A Viceconsellería de Política Lingüística recolle na páxina www.euskara.euskadi.net todas as ferramentas para traballar en éuscaro.

Fonte: Europa Press

País Vasco

As asociacións organizan diversas actividades con motivo do Día Internacional do Éuscaro

Con motivo do Día Internacional do Éuscaro, diversas asociacións, entidades públicas e particulares organizan numerosas actividades (mesas redondas, exposicións, talleres, feiras, presentacións e todo tipo de espectáculos) para apoiar e homenaxear o éuscaro.

Fonte: Euskara

País Vasco

O Instituto Etxepare promove o éuscaro a través do surf

Surfeatu ezazu euskararen olatua (Pilla a onda do éuscaro) é o lema escollido polo Instituto Etxepare para a súa nova campaña de difusión da lingua vasca. Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Éuscaro, o organismo presentou un vídeo, realizado en colaboración co Surf Film Festival de San Sebastián, co que se pretende potenciar a divulgación desta lingua.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Propoñen un proxecto de produción masiva de artigos en éuscaro para a Wikipedia

Trátase de establecer as normas para dar os primeiros pasos na alimentación masiva da Wikipedia por parte do alumnado da ESO e de Bacharelato; iso si, sempre baixo a supervisión do profesorado.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Getxo subvencionará con 40 000 euros actividades extraescolares en éuscaro

O Concello de Getxo aprobou distribuír 40 000 euros en forma de subvencións para fomentar o éuscaro en actividades extraescolares de centros de ensino e asociacións de pais e nais.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Enkarterri reparte catálogos para regalar en éuscaro

Regalar en éuscaro é a mellor opción para que os rapaces falen a lingua durante o seu tempo libre, comezando polas vacacións escolares. Así o entenden as institucións de Enkarterri, que un ano máis redobran os seus esforzos para normalizar o éuscaro a pé de rúa.

Fonte: Deia

País Vasco

San Sebastián repartirá 225 500 euros de axudas á aprendizaxe do éuscaro

O Concello de San Sebastián repartirá este ano 225 550 euros entre 1204 veciños da cidade maiores de 16 anos que están aprendendo éuscaro nos euskaltegis homologados.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Crean unha nova ferramenta coa tradución de termos técnicos ao éuscaro

O servizo de éuscaro da universidade pública vasca creou unha ferramenta, chamada EHUskaratuak, na que se poden consultar as traducións que realizou este servizo de éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder