País Vasco
O Goberno vasco lanza unha campaña para avanzar cara á “igualdade real” entre o éuscaro e o castelán
O Goberno vasco puxo en marcha a campaña “Os teus dereitos lingüísticos están protexidos”, coa que pretende protexer a liberdade dos cidadáns e avanzar cara á “igualdade real” do éuscaro e o castelán, as dúas linguas oficiais de Euskadi.
Fonte: Qué!
O Goberno vasco traballará para solucionar as carencias detectadas no uso do éuscaro nas áreas de saúde e xustiza
A viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lurdes Auzmendi, comprometeuse a “traballar seriamente” para solucionar as carencias detectadas polo Consello de Europa no informe sobre as linguas minoritarias de España no uso do éuscaro nas áreas de saúde e xustiza.
Fonte: Europa Press
San Sebastián acollerá a feira Xare, que pretende impulsar o uso do éuscaro nas novas tecnoloxías
A feira Xare, que ten como obxectivo que as ferramentas en éuscaro para as novas tecnoloxías “teñan visibilidade” entre a cidadanía, contará con diversos encontros e actividades, que estarán repartidos entre 10 e 15 expositores.
Fonte: Diario vasco
O programa de integración ao éuscaro de inmigrantes cumpre unha década
O programa de integración de inmigrantes ao éuscaro pretende apoiar a aprendizaxe da lingua vasca daqueles rapaces con dificultades para expresarse neste idioma, así como daqueles que se están escolarizando e non coñecen o éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Inician unha campaña para incluír unha icona do éuscaro no buscador Google para darlle visibilidade a esta lingua
A Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza iniciou unha campaña para que o buscador de internet Google dedique unha icona á lingua co obxectivo final de darlle visibilidade ao éuscaro.
Fonte: ABC
Varias empresas reciben un recoñecemento pola súa xestión do éuscaro
Un total de 28 organizacións foron recoñecidas este ano co certificado Bikain do Goberno vasco, que acredita a calidade na xestión do éuscaro.
Fonte: El País
San Sebastián edita a nova edición da guía de cultura e ocio en éuscaro
O Servizo de Éuscaro do Concello de San Sebastián publicou e distribuíu 25 000 exemplares dunha nova edición da guía de produtos culturais e de ocio en éuscaro, “Euskara Gida 2012-2013”, que tamén está dispoñible en internet.
Fonte: ABC
O Concello de Hondarribia ofrece máis dunha ducia de actividades relacionadas co éuscaro este inverno
O Servizo de Éuscaro do Concello de Hondarribia (Guipúscoa) puxo en marcha o programa 'Neguko Jardunaldiak' que ofrece máis dunha ducia de actividades relacionadas co éuscaro durante o inverno.
Fonte: Europa Press
O Parlamento vasco logra unha acreditación de calidade polo uso e xestión do éuscaro
O Parlamento vasco conseguiu o diploma de prata Bikain de ‘Calidade no Éuscaro’, que acredita o bo uso e xestión desta lingua.
Fonte: Europa Press
Os medios de comunicación en éuscaro únense para fortalecer o sector
Os medios de comunicación privados en éuscaro crearon Hekimen, unha asociación que servirá para unificar a súa voz e para potenciar un sector que neste momento ocupa un ámbito "reducido” e “débil”.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín