País Vasco

Crean unha nova aplicación para aprender éuscaro desde o móbil

Unha nova aplicación para móbiles intelixentes, desenvolvida pola Fundación Elhuyar, permitirá aprender o “vocabulario básico” do éuscaro e poderase empregar a partir do castelán, o inglés e o francés.

Fonte: Noticias de Navarra

País Vasco

Aproban o novo plan de acción para a promoción do éuscaro

O Consello Asesor do Éuscaro aprobou o novo plan de acción para a promoción da lingua vasca, dotado de 330 accións, cuxo obxectivo principal é fortalecer o seu uso entre a cidadanía.

Fonte: ABC

País Vasco

A páxina web municipal de éuscaro de Ermua ofrece servizos lingüísticos gratuítos

A páxina web de éuscaro da páxina web municipal (www.ermua.es) ofrece servizos gratuítos para toda a poboación que os necesite. Con eles pódese desde traducir un texto en éuscaro ata aprender o idioma en liña, coñecer ofertas de emprego e as actividades que se desenvolven en éuscaro no municipio.

Fonte: El Correo

País Vasco

A metade dos docentes liberados para aprender éuscaro logra aprobar

Por termo medio, o 55% dos profesores que participan no programa Irale para aprender éuscaro aproban o perfil lingüístico para o que se presentan no mesmo ano en que participan nos cursos fóra do horario lectivo ou deixan as aulas grazas a unha liberación para centrarse neste obxectivo.

Fonte: El País

País Vasco

San Sebastián celebrará a primeira feira de empresas con servizos en éuscaro

O Kursaal de San Sebastián acollerá ‘Empresarean’, a primeira feira de empresas que ofrecen os seus servizos en éuscaro, cuxo obxectivo é promover as relacións entre compañías dos mesmos ou diferentes sectores, compartir experiencias e ser punto de encontro para coñecer a novos provedores.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A metade dos habitantes de Zarautz utilizan o éuscaro na rúa

Segundo os datos recollidos nunha medición realizada en outono nas rúas, o uso do éuscaro en Zarautz é do 50%. A metade dos zarautzarras utilizan o éuscaro de forma habitual, aínda que a porcentaxe de falantes de euskera é 20 puntos máis elevado, dun 70,1%.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A metade dos funcionarios de Bilbao pode atender os cidadáns en éuscaro

A metade dos traballadores do Concello de Bilbao é capaz de comunicarse en éuscaro, aínda que a lei unicamente obriga a que o faga un 28 % do cadro de persoal.

Fonte: Deia

País Vasco

Só o 20 % dos docentes vascos é titulado en inglés

Só dous de cada dez docentes do sistema educativo vasco teñen un título de inglés da Escola Oficial de Idiomas, o que supón o 20 % dos 22 000 profesores.

Fonte: Aprende Más

País Vasco

Educación convoca axudas para promover o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares vascos

O Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno vasco convocou as axudas IKABIL para promover o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares pertencentes á Comunidade Autónoma vasca para o próximo curso 2012-2013.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O popular xogo ‘Apalabrados’ está agora tamén dispoñible en éuscaro

"Apalabrados" acábase de actualizar á versión 1.4.3 para engadir o idioma éuscaro, actualización de dicionarios e corrección de erros.

Fonte: Eitb

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder