País Vasco
A Deputación Foral de Guipúscoa e a Real Sociedade de Fútbol asinan un acordo para promover o éuscaro
A Real Sociedade de Fútbol e a Deputación Foral de Guipúscoa pecharon un acordo de patrocinio para a promoción do éuscaro.
Fonte: EiTB
Kontseilua, o Consello de Organismos Sociais do Éuscaro, reclama un maior compromiso social para normalizar a lingua vasca
O novo secretario xeral de Kontseilua, Paul Bilbao, reclamoulles á cidadanía, axentes sociais, políticos e sindicais, así como ás institucións, que pasen «da adhesión ao compromiso» co éuscaro para dar «un paso adiante» e «acelerar» o proceso de normalización lingüística, «xa que aínda hoxe as administracións vulneran o dereito a vivir en éuscaro».
Fonte: El Correo
Os novos graos da Universidade do País Vasco terán un 95 % de materias bilingües
A Universidade do País Vasco (UPV) ofertará 67 novos graos a partir de setembro que impartirán ata un 95 % das súas materias obrigatorias tanto en éuscaro como en castelán, un 5 % máis do previsto inicialmente.
Fonte: El País
A Consellería vasca de Cultura aproveita os cursos de verán da Universidade do País Vasco para promover o éuscaro
Cultura promoverá o éuscaro a través das actividades que se desenvolverán en paralelo á celebración dos próximos cursos de verán da Universidade do País Vasco (UPV).
Fonte: El País
Google incorpora o éuscaro ao seu tradutor
A ferramenta de tradución do buscador de Google xa dá a opción de traducir textos de 60 idiomas diferentes ao éuscaro. Grazas á ferramenta de Google, poderanse traducir textos, páxinas web e documentos a través de internet.
Fonte: EiTB
A exención total do éuscaro limitarase a alumnos de bacharelato
Os alumnos de bacharelato que cheguen a Euskadi procedentes doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro e que se integren no sistema educativo vasco quedarán exentos tanto do ensino como da avaliación do éuscaro. Nas etapas da ensinanza obrigatoria este tipo de escolares estudarán a lingua vasca.
Fonte: El País
O Departamento de Educación do Goberno Vasco avaliará o grao de aprendizaxe do modelo trilingüe
O Departamento de Educación do Goberno Vasco quere promover o ensino en tres linguas, éuscaro, castelán e un idioma estranxeiro, e para iso vai implantar o ano que vén un programa experimental con 40 centros públicos e concertados.
Fonte: Noticias de Álava
A conselleira de Xustiza e Administración Pública considera insuficiente o uso do éuscaro na Administración
O éuscaro non se emprega suficientemente na Administración vasca, pese aos "coñecementos que xa teñen adquiridos a maioría dos funcionarios". A conselleira de Xustiza e Administración Pública, Idoia Mendia, respondeu así no pleno de control do Parlamento.
Fuente: El País
O Servizo Vasco de Saúde estuda que a tarxeta sanitaria indique se o usuario prefire ser atendido en éuscaro ou castelán
O Servizo Vasco de Saúde-Osakidetza está estudando a posibilidade de incluír na Tarxeta Individual Sanitaria (TIS) de cada usuario a preferencia lingüística dos cidadáns, de forma que poida coñecerse así se desexa ser atendido en éuscaro ou castelán.
Fonte: Europa Press
Oito de cada dez vascos utilizan o castelán para comunicarse

Cerca de oito de cada dez vascos utilizan principal ou exclusivamente o castelán para comunicarse cos seus familiares e amigos, segundo os resultados do último Sociómetro do Goberno vasco. O uso do éuscaro é algo maior nas relacións de amizade que nas relacións familiares.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín