País Vasco
A Deputación de Biscaia colaborará con UZEI (Centro de Terminoloxía e Lexicografía) para promover o uso do éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia subscribiu un convenio de colaboración con UZEI (Centro de Terminoloxía e Lexicografía) co obxectivo de promover o éuscaro e apoiar as asociacións que traballan a favor desta lingua.
Fonte: Europa Press
San Sebastián acollerá unha reunión da Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística
A capital guipuscoana acollerá a vindeira semana, os días 18 e 19 de febreiro, unha reunión da rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), na que representantes europeos porán en común experiencias e proxectos en torno a linguas como o éuscaro, catalán, galego, irlandés, galés, escocés, estoniano, bretón, occitano, frisio, sueco, finlandés, noruegués, lituano e córnico.
Fonte: Europa Press
A rede foral de técnicos de Álava creada para dinamizar o éuscaro estará lista este mes
Álava completará este mes a rede de técnicos en éuscaro coa contratación do responsable de Trebiño. Así o anunciou a deputada foral de Éuscaro, Cultura e Deportes, Lorena López de Lacalle, durante a súa comparecencia nas Xuntas Xerais para explicar o primeiro Plan estratéxico do éuscaro.
Fonte: Noticias de Álava
O Goberno vasco traballa xa na rebaixa da puntuación do éuscaro nas ofertas de emprego público
O Goberno vasco xa traballa en analizar como proceder á rebaixa da puntuación do valor do éuscaro como mérito para aplicar na próxima oferta pública de emprego da Administración.
Fonte: Deia
A Deputación de Biscaia impulsa o éuscaro en comercios e bares con 6.700 carteis
Un total de 29 municipios biscaíños tratarán de impulsar o uso do éuscaro en comercios e locais hostaleiros a través da campaña 'Euskera, eskaintzarik onena'.
Fonte: El Correo Digital
O Departamento vasco de Educación non abrirá novas aulas en castelán ao recibir 104 peticións en toda Euskadi
Un total de 104 familias vascas solicitou matricular os seus fillos de dous ou tres anos en lingua castelá en colexios que non ofertan o modelo A. Trátase de datos provisionais pero, segundo confirmaron fontes do Departamento de Educación, ningún centro educativo da comunidade autónoma, xa sexa público ou concertado, alcanza a cifra de referencia de 20 solicitudes que permitiría a apertura de novas aulas en español.
Fonte: Diario Vasco
O 33 % dos alumnos vascos non alcanza o nivel medio de éuscaro
O 33 por cento dos alumnos vascos de educación primaria e secundaria non alcanza, na súa comunicación lingüística en éuscaro, o nivel medio establecido nun estudo do Departamento de Educación, cifra que no modelo A -ensino en castelán co éuscaro como materia- se eleva ata o 85,3 por cento. O informe revela tamén que o 18 por cento dos alumnos tampouco alcanzaba o nivel medio en castelán.
Fonte: Europa Press
A crecente demanda de inglés impulsa o cambio no sistema educativo vasco
O ensino do inglés estase a abrir paso rapidamente no sistema educativo vasco. Acontece que os pais dos alumnos se decataron de que os seus fillos non só deben estudar inglés, senón que tamén teñen que chegar a falalo e escribilo o máis correctamente posible.
Fonte: Diario Vasco
A asociación Langune comeza a funcionar como primeiro paso para crear un clúster da industria lingüística vasca
A asociación Langune comezou a funcionar como primeiro paso para crear un clúster da industria lingüística vasca co fin de converter o País Vasco en referente europeo no ámbito da industria das linguas.
Fonte: Finanzas
A candidatura de San Sebastián a capital europea da cultura terá no multilingüismo un dos seus eixes
Responsables das institucións que conforman a candidatura de San Sebastián como capital europea da cultura en 2016 presentan en Bruxelas un dos eixes sobre os que se sustenta a proposta donostiarra, A cidade das palabras, co que resaltarán a riqueza que achega a convivencia de diferentes linguas na capital.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín