País Vasco
O Parlamento vasco pide mellorar a formación lingüística do profesorado
O Parlamento vasco instou o Departamento de Educación a que colabore coa Universidade para conseguir unha "mellor formación do profesorado e a mellora da metodoloxía que se vai aplicar no ámbito lingüístico".
Fonte: ADN
O Goberno vasco conxela o decreto que obrigaba as radios a emitir un 20 % en éuscaro
O decreto do Goberno vasco sobre as novas licenzas de radio en FM pretendía introducir unha cláusula pola cal se obrigaba a emitir un 20 % da programación en éuscaro. Agora, o gabinete socialista decidiu conxelar a iniciativa porque «pode quedar obsoleta» cando entre en vigor a Lei de comunicación audiovisual que se tramita no Congreso dos Deputados.
Fonte: El Correo Digital
Un total de 19 municipios proxectará películas en éuscaro en Nadal
Obaba, Animal Channel, Oliver Twist, Checkpoint Rock, Goazen, Robotak, Niko eta izarretako bidea ou Ponyo son algunhas das películas que poderán verse en éuscaro en 19 municipios do País Vasco durante o vindeiro mes de decembro.
Fonte: El País
A televisión pública do País Vasco e a Real Academia da Lingua Vasca asinan un acordo para o "bo uso" do éuscaro
O ente público Euskal Irrati Telebista (EITB) e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia asinaron o seu terceiro acordo marco de colaboración, cuxo obxectivo é garantir o "bo uso" do éuscaro nos medios de comunicación da radio televisión pública.
Fonte: ABC
Unha campaña anima a usar o éuscaro nas redes sociais
A Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza e a firma Kukuxumusu asociáronse para realizar unha campaña que pretende animar ao uso da lingua vasca nas diferentes redes sociais de internet.
Fonte: Diario Vasco
Unha nova ferramenta en liña gratuíta axilizará a tradución entre éuscaro e castelán
A Fundación Elhuyar colocou na rede a ferramenta ItzulTerm, que serve para extraer automaticamente pares de termos equivalentes en éuscaro e castelán dunha memoria de tradución. A nova ferramenta está dirixida a persoas que traballan con memorias de tradución, isto é, tradutores, terminólogos, lingüistas e técnicos de éuscaro, entre outros.
Fonte: El Correo Digital
A Deputación de Áraba aproba o primeiro Plan estratéxico do éuscaro para avanzar na normalización desta lingua
A Deputación de Áraba aprobou o primeiro Plan estratéxico do éuscaro 2010-2013 que busca "promover as medidas necesarias para garantir a posibilidade de vivir en éuscaro a quen así o desexe", e desenvolver iniciativas de coordinación e colaboración entre axentes sociais e institucións de ámbito arabés co obxectivo de "avanzar cara á normalización".
Fonte: Europa Press
As panaderías de Arrigorriaga distribuirán 2.500 dicionarios a prol do éuscaro

As panaderías de Arrigorriaga repartirán o 2 de decembro 2.500 bolsas de pan e outros tantos pequenos dicionarios de éuscaro dentro dunha campaña organizada polo Concello para incentivar o uso desta lingua nos comercios.
Fonte: ABC
Crean unha aplicación para a medición dos indicadores do éuscaro nas entidades financeiras
A Viceconsellería de Política Lingüística promoveu unha aplicación para a medición dos indicadores do éuscaro nas entidades financeiras. Esta aplicación creouse para facilitar o labor das entidades financeiras e para que estas poidan xestionar os indicadores de medición da situación desta lingua de xeito eficaz.
Fonte: Euskadi.net
As institucións vascas apelan ao consenso en favor do idioma no Día Internacional do Éuscaro
A lingua vasca conseguirá o consenso por parte das institucións do País Vasco no Día Internacional do Éuscaro, que se celebra o xoves 3 de decembro, pois defenderán o seu «compromiso» para promover o uso deste idioma.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín