País Vasco
Un de cada catro vascos non estudou nunca inglés, segundo un informe da Universidade de Oxford
Un de cada catro vascos non estudou nunca inglés, segundo un informe publicado pola editorial da Universidade de Oxford. Estes datos sitúan a Euskadi por debaixo da media nacional, que se cifra nun 29 por cento.
Fonte: Europa Press
Rebáixase o requisito do éuscaro para a Administración de Xustiza
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco acaba de anular, tal e como no seu día fixo o Tribunal Constitucional cunha normativa anterior, algúns dos preceptos do Decreto 152/2008 que regula o proceso de normalización lingüística da Administración de Xustiza nesta Comunidade Autónoma.
Fonte: Expansión
A Cámara vasca pide valorar menos o éuscaro na Sanidade
O Parlamento vasco pediulle ao Goberno de Patxi López que realice «unha valoración adecuada do éuscaro como mérito» nas ofertas públicas de emprego (OPE) de Osakidetza (Sanidade pública vasca).
Fonte: El Correo Digital
Líderes indíxenas visitan Euskadi en busca de estratexias para recuperar a súa identidade
Representantes de cinco etnias indíxenas latinoamericanas (os mapuches de Chile, os aimarás de Bolivia, os quechuas e os shuar de Ecuador e os maias de Guatemala) visitan estes días o País Vasco co obxectivo de coñecer as estratexias políticas e sociais que permitiron normalizar o éuscaro e impulsar a cultura vasca.
Fonte: Diario Vasco
O Parlamento vasco alcanza un acordo a prol do trilingüismo no ensino
Os grupos políticos PNV, PSE, PP, EA e EB uníronse para solicitarlle ao Goberno vasco que garanta a liberdade de elección de modelos e siga impulsando o trilingüismo -a grande aposta da conselleira de Educación Isabel Celaá- mediante a definición dun marco normativo que posibilite a presenza vehicular do castelán, o éuscaro e o inglés nas aulas vascas.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco modifica os decretos educativos para igualar o éuscaro e o castelán
O Goberno vasco ten preparada a reforma dos decretos que regulan os contidos, obxectivos e criterios de avaliación nos ciclos de educación infantil, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. A reforma equiparará éuscaro e castelán desde o punto de vista normativo e eliminará o uso do termo "Euskal Herria" como concepto político e administrativo.
Fonte: El Correo Digital
Donostia promove a aprendizaxe do éuscaro de maneira gratuíta entre os inmigrantes
O Padroado de Éuscaro do Concello de Donostia puxo en marcha unha iniciativa para que os inmigrantes falen éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
Nace a Fundación Azkue para dotar internet de contidos en éuscaro
Cinco institucións puxeron en marcha a Fundación Azkue que pretende dotar de máis contidos en éuscaro a rede de redes en todo tipo de formatos.
Fonte: El Correo Digital
O orzamento destinado ao uso do éuscaro aumenta o 11 % co fin de chegar a unha Xustiza bilingüe
O Departamento vasco de Xustiza prevé destinar en 2010 un 11 % de diñeiro máis para o uso do éuscaro na Administración de Xustiza, porque «queremos un servizo que poida ser bilingüe na atención ao cidadán», anunciou a conselleira, Idoia Mendia.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco asinará un convenio para unificar o éuscaro xurídico
O Goberno vasco asinará un convenio coa Academia Vasca do Dereito e o Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP), co fin de "unificar o éuscaro xurídico", dado o "risco" que para a seguridade xurídica dos cidadáns supón a inexistencia de criterios unificados nesta materia.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín