País Vasco
O presidente da Academia da Lingua Vasca pide que o éuscaro non sexa politizado
O presidente da Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, defendeu que o éuscaro non debe estar "politizado" e reclamou que a política lingüística non debe ser "patrimonio duns cantos".
Fonte: El Mundo
Presentan unha versión mellorada do tradutor automático Matxin para español e éuscaro
A empresa Eleka desenvolveu, en colaboración coa Fundación Elhuyar e o grupo IXA da Universidade do País Vasco (UPV), unha versión mellorada do tradutor automático Matxin para as linguas castelán e éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Un catálogo de produtos de ocio promove o éuscaro en Bilbao
Desde a Área de Éuscaro do Concello de Bilbao propoñen que esta lingua teña un oco nos regalos de cada neno. Para facilitar a tarefa o consistorio, a través desta área, envioulles a 18.000 familias da cidade un catálogo de produtos lúdicos e educativos en éuscaro.
Fonte: Deia
Bilbao impulsa a utilización do éuscaro na cartelería dos restaurantes e bares da zona vella
A Área de Éuscaro do Concello de Bilbao puxo en marcha unha campaña para impulsar a utilización do éuscaro nos carteis e rótulos (ofertas, presentacións dos pinchos etc.) do gremio da hostalería e restauración das Siete Calles. Para iso, facilitóuselles aos establecementos un servizo especializado que se encarga de traducir a súa cartelería ao éuscaro.
Fonte: Europa Press
O Consello Escolar do País Vasco cre que o éuscaro debe seguir sendo a lingua principal
O Consello Escolar de Euskadi manifestouse partidario de que o éuscaro siga a ser a lingua vehicular de presenza maioritaria no sistema educativo por ser a que necesita unha "acción positiva".
Fonte: Noticias de Álava
O Concello de Eibar presenta un novo portal para o éuscaro
Esta semana presentouse a nova páxina web do éuscaro de Eibar que se renova en contidos e sobre todo en ferramentas. Crear unha web viva e que se vaia nutrindo de contribucións é o obxectivo dos seus promotores.
Fonte: Diario Vasco
Araba é o único punto do País Vasco onde aumenta a euscaldunización de adultos
Mentres que no resto da comunidade autónoma os centros de euscaldunización de adultos perderon adeptos, en Araba non fixeron máis que aumentar o número de alumnos ao longo das últimas dúas décadas. Segundo os últimos datos dispoñibles, contidos no Plan estratéxico do Servizo Foral de Éuscaro, na actualidade hai 1.378 adultos máis aprendendo éuscaro en euskaltegis que 20 anos antes.
Fonte: Noticias de Álava
A Universidade do País Vasco ofertará o 90 % dos créditos obrigatorios en éuscaro
O 90% dos créditos obrigatorios da oferta de grao da Universidade do País Vasco poderá cursarse en éuscaro o próximo curso académico 2010-2011.
Fonte: Deia
Inician unha campaña en 45 municipios de Biscaia para impulsar a opción do modelo educativo en éuscaro
Un total de 7.600 familias con fillos de entre 2 e 3 anos e residentes en 23 municipios e tres mancomunidades biscaíñas serán protagonistas dunha campaña informativa que ten como obxectivo promover a escolarización infantil en éuscaro.
Fonte: Deia
Máis de 230 comercios de Basauri apoian impulsar o éuscaro nos seus negocios
A cambio, o Consistorio de Basauri ofreceralles a estas tendas e bares a súa colaboración e axuda económica para que poidan impulsar a utilización da lingua vasca.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín