País Vasco
A Deputación de Álava dará prioridade ao éuscaro nas contratacións externas que realice
A Deputación de Álava acaba de poñer en marcha un novo plan para normalizar o uso do éuscaro que incidirá na formación do persoal, pero tamén na utilización desta lingua nas campañas, actos públicos e contratacións que realiza a institución.
Fonte: Noticias de Álava
O 58% dos funcionarios do Concello de San Sebastián debe acreditar un perfil de éuscaro en 2012
218 traballadores teñen que mellorar o seu nivel actual para seguir desempeñando as mesmas funcións que agora. Crearanse comisións para facer un seguimento do plan.
Fonte: Diario Vasco
Caja Vital destina 70.000 euros para a promoción do éuscaro en Álava
Caja Vital asinou un convenio coa asociación Araba Euskaraz e coa Federación de Ikastolas deste territorio, mediante o cal a entidade financeira destinará 70.000 euros para a promoción do éuscaro a través de actividades lúdico-festivas, educativas, culturais e deportivas.
Fonte: Soitu
O Concello de Durango subvencionará os rótulos e páxinas web en éuscaro
O Concello de Durango concederá a empresas e asociacións subvencións para a instalación de rótulos exteriores en éuscaro e para a creación de páxinas web neste idioma.
Fonte: Deia
Crean un rexistro de tradutores e intérpretes para avanzar na equiparación do éuscaro ao castelán
O Goberno vasco en funcións aprobou un decreto para a habilitación de tradutores e intérpretes xurados co fin de "posibilitar a utilización do éuscaro e, ao mesmo tempo, situar esta lingua na vía para a súa equiparación co castelán" e outros idiomas.
Fonte: Deia
O Goberno vasco organiza unha conferencia internacional sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
Na conferencia, celebrada durante os días 20 e 21 de abril, os expertos conclúen que a integración da lingua minorizada como lingua vehicular na educación é clave para garantir o bilingüismo.
Fonte: Linguamón
Cambia o perfil dos falantes de éuscaro
Un estudo reflicte que os falantes son cada vez máis novos, máis urbanos e con menos vínculos afectivos cara á lingua vasca. Ademais, o 37 % da poboación é bilingüe, cun total de 755.640 persoas.
Fonte: El Correo Digital
A Real Academia da Lingua Vasca pide que o éuscaro «non se predique contra ninguén»
O presidente de Euskaltzaindia (a Real Academia da Lingua Vasca) asegurou que o éuscaro é un «valor compartido por todos, que se debe poñer en funcionamento» e que «non se predica contra ninguén, senón con todos».
Fonte: El Correo Digital
O 65,7% dos castelanfalantes do País Vasco intentou aprender éuscaro e menos do 10% di non interesarse por esta lingua
O 65,70 % dos cidadáns vascos castelanfalantes intentou aprender éuscaro nalgunha ocasión e o 55 % séntese "próximo ao mundo do éuscaro", mentres que menos do 10 % asegura que non lle interesa, segundo recolle o estudo 'Tópicos, prexuízos e actitudes da poboación castelanfalante ante o éuscaro' realizado por Unesco Etxea para a Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco.
Fonte: Europa Press
O Goberno vasco edita en éuscaro 21 dicionarios terminolóxicos
O Goberno vasco editou 21 dicionarios terminolóxicos en éuscaro, agrupados en seis materias: comercio e consumo, formación profesional e universitaria, novas tecnoloxías, Administración pública, abreviaturas, siglas e símbolos e medio natural.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín