País Vasco
O viceconselleiro de Política Lingüística deixa a xestión do éuscaro en mans de tres profesores
Expertos procedentes do mundo académico ocuparanse de xestionar os temas relacionados co éuscaro no Goberno vasco. O viceconselleiro de Política Lingüística, Ramón Etxezarreta, recorreu a profesionais euscaldúns e afastados da política para facerse cargo das tres direccións de área.
Fonte: El Correo Digital
O Goberno vasco presentará en 2010 unha proposta para un modelo de educación trilingüe
A conselleira de Educación do Goberno vasco, Isabel Celaá, anunciou que presentará a principios de 2010 ante o Parlamento unha proposta de marco de educación trilingüe que supere o actual sistema de modelos lingüísticos.
Fonte: La Vanguardia
Os procesos xudiciais poderán tramitarse integramente en éuscaro
A conselleira de Xustiza do Goberno vasco asegurou que a implantación da nova oficina xudicial fará posible a tramitación íntegra en éuscaro dun procedemento na maioría dos partidos xudiciais.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco aproba axudas destinadas a favorecer a creación de material escolar en éuscaro
O Consello do Goberno vasco aprobou subvencións para a creación de material escolar impreso de niveis non universitarios, a produción de material audiovisual educativo e a realización de programas informáticos educativos, elaborados integramente en éuscaro.
Fonte: Europa Press
O ensino vasco terá modelos lingüísticos "en función da demanda"
A conselleira de Educación do Goberno vasco, Isabel Celaá, asegurou que mentres non se alcancen acordos seguirá habendo "un sistema de modelos" lingüísticos no ensino en función da demanda.
Fonte: EiTB
O PNV esíxelle ao Goberno vasco que garanta "o dereito dos falantes de vasco a ser atendidos en éuscaro" na Sanidade
A parlamentaria do PNV Eider Mendoza esixiulle ao Departamento de Sanidade do Goberno vasco que adopte, a través da formación dos seus traballadores e mediante a oferta pública de emprego, "todas as medidas necesarias para garantir o dereito dos falantes de vasco a ser atendidos en éuscaro en Osakidetza (Servizo Vasco de Saúde)".
Fonte: Europa Press
O Tribunal Supremo anula a ordenanza do Concello de Azpeitia sobre o uso do éuscaro
O Tribunal Supremo confirmou a anulación dunha ordenanza do Concello de Azpeitia sobre o uso do éuscaro no municipio ao considerar que a finalidade real pretendida pola norma era a exclusión do emprego do castelán como lingua oficial.
Fonte: Diario Vasco
A conselleira vasca de Cultura di que combaterá o conflito lingüístico e buscará o consenso
A conselleira vasca de Cultura, Blanca Urgell, afirmou que a súa actuación irá encamiñada a "combater o conflicto lingüístico" e a impulsar unha política "a prol do bilingüismo", buscando "o maior nivel posible de consenso social e político" en torno a esta.
Fonte: Soitu
A Real Academia da Lingua Vasca e Unesco Etxea colaborarán na divulgación do éuscaro
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia e Unesco Etxea asinaron un convenio de colaboración polo que, entre outras cuestións, esta última institución contribuirá á divulgación das normas lingüísticas do éuscaro propugnadas pola primeira.
Fonte: Deia
O conselleiro vasco de Sanidade propón revisar a valoración do éuscaro como mérito
O conselleiro de Sanidade, Rafael Bengoa, mostrouse partidario de revisar a valoración do éuscaro como mérito para evitar que marchen profesionais a outras comunidades.
Fonte: El Correo Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín