País Vasco

O Concello de Soraluze pon en marcha un programa para impulsar a presenza do éuscaro no sector comercial

O Concello de Soraluze, a través do programa Euskera Merkatarizara, quere fomentar o uso do éuscaro nos establecementos comerciais e coñecer cal é a situación desta lingua no sector.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco destinará 1 650 000 euros a apoiar o uso e a presenza do éuscaro nas empresas

O Departamento de Cultura e Política Lingüística intenta que as empresas deseñen e xestionen os seus propios plans de éuscaro para fomentar o uso desta lingua.

Fonte: Finanzas.com

País Vasco

O Goberno vasco convoca axudas para a elaboración de materiais curriculares en éuscaro

O Goberno vasco aprobou unha orde pola que se convocan axudas para a elaboración de materiais curriculares en éuscaro destinados ao profesorado por un importe de 125 000 euros.

Fonte: El Diario

País Vasco

A RAG participa na constitución do Padroado de Honra do Centenario da Academia da Lingua Vasca

A RAG, representada polo seu presidente, Víctor Freixanes, participou en Bilbao na Constitución do Padroado de Honra do Centenario da Academia da Lingua Vasca ou Euskaltzaindia. Na súa intervención, o presidente da RAG avogou pola necesidade dun posicionamento común a prol da pluralidade lingüística do Estado español recoñecida constitucionalmente.

Fonte: RAG

País Vasco

As institucións responsables da política lingüística do País Vasco reflexionan sobre o uso do éuscaro

A Euskaltzaindia ou Real Academia da Lingua Vasca e a Fundación Sabino Arana destacan nun seminario en Bilbao a traxectoria que experimentou o coñecemento do éuscaro e reflexionan sobre o seu uso.

Fonte: Eitb

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa quere que o éuscaro sexa lingua de traballo preferente

A Deputación de Guipúscoa acaba de aprobar o seu VI Plan de Normalización do Uso do Éuscaro co obxectivo de que esta lingua se converta en idioma de traballo preferente en todos os ámbitos da institución.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Parlamento vasco aproba a Lei de formación profesional que impulsará o éuscaro e o inglés

O Parlamento vasco aproba a Lei de formación profesional que ten como obxectivo impulsar un modelo de ensinanza bilingüe en éuscaro e castelán e con maior presenza do inglés.

Fonte: Deia

País Vasco

A sociedade pública Osatek terá o seu propio plan de éuscaro

Osatek, dependente do Departamento de Saúde do Goberno vasco, asignará perfís lingüísticos ao seu persoal, contribuíndo así á normalización do éuscaro na sanidade e ao respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Redactan un documento que recolle as bases para renovar a política lingüística no País Vasco

O documento Bases para a política lingüística de principios do século XXI é un relatorio que se porá en mans dos partidos políticos que sustenten o próximo Goberno vasco, así como das demais formacións, coa intención de que renoven o actual Plan xeral de promoción do uso do éuscaro, que xa ten dez anos.

Fonte: El País

País Vasco

O 40% da poboación de San Sebastián é xa euscaldún e o 33% non coñece o éuscaro

Catro de cada dez donostiarras xa son euscaldúns. Esta é a principal conclusión que ofrecen os datos do Eustat referidos ao período 2001-2006 que foron presentados pola concelleira de Igualdade, Política Lingüística e Cooperación de San Sebastián, Ainhoa Beola.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder