País Vasco
O Concello de Bilbao e os euskaltegis da cidade organizan un novo programa de actividades gratuítas en éuscaro
O programa Darabilbo busca fomentar o uso do éuscaro e a súa normalización entre a sociedade a través de actividades de cultura e tempo libre, como visitas guiadas a museos, sesións de danza ou actividades gastronómicas.
Fonte: El Diario
O Concello de San Sebastián concede axudas por valor de 5525 euros para a promoción do éuscaro
O Concello de San Sebastián reparte esta cantidade entre nove proxectos propostos por entidades sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é impulsar o uso do éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno vasco pon a disposición das empresas cinco normas UNE en éuscaro

O Goberno do País Vasco fixo a tradución ao éuscaro de cinco normas de xestión de calidade ISO dirixidas ás empresas co obxectivo de impulsar o uso deste idioma no ámbito socioeconómico.
Fonte: El Diario
A Deputación Foral de Áraba e o Concello de Vitoria-Gasteiz impulsan o uso do éuscaro
Ambas as institucións asinaron un convenio marco de colaboración, de catro anos de duración, polo que neste exercicio se destinarán 80 000 euros a promover o emprego do éuscaro na capital arabesa a través de diferentes iniciativas.
Fonte: Gasteiz Hoy
Euskaltzaindia recibe a medalla de ouro da Universidade do País Vasco polo seu labor na modernización do éuscaro
A Universidade do País Vasco fará entrega deste galardón á Academia da Lingua Vasca como recoñecemento do seu traballo a prol da normalización do éuscaro na docencia, na investigación e na divulgación científica.
Fonte: 20 minutos
A Semana do Cine Fantástico e de Terror de Donostia proxectará 15 películas en éuscaro
A trixésima edición da Semana do Cine Fantástico e de Terror de Donostia proxectará como mínimo un filme en éuscaro cada día para diferentes públicos, dun total de quince películas que se reproducirán nesta lingua durante todo o festival.
Fonte: Donostia Euskaraz
O éuscaro é actualmente o idioma con maior número de significados en Wikidata
Segundo informan Euskal Wikilarien Kultur Elkartea e Elhuyar, o éuscaro atópase na base de datos colaborativa de Wikidata no sexto lugar pola cifra de lexemas publicados; no segundo, polo número de formas das palabras; e no primeiro, polo número de significados.
Fonte: Deia
Preséntase en Euskadi o primeiro tradutor automático neuronal éuscaro-castelán

Este proxecto do Goberno Vasco ten capacidade para traducir, a partir da intelixencia artificial, textos de ata 4000 caracteres con gran calidade e permite dispor dunha base terminolóxica e lingüística comparable á das linguas máis usadas do mundo.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Barakaldo inicia un programa para impulsar o éuscaro entre cativos de 1 e 2 anos
Esta iniciativa ten como obxectivo promover o éuscaro a través da música e está articulada co resto de actividades culturais do concello, que buscan achegar estes proxectos a persoas de todas as idades.
Fonte: En Barakaldo
A Deputación Foral de Áraba publica un catálogo de recursos para impulsar o uso do éuscaro no ámbito socioeconómico

Este catálogo ten como obxectivo promover o éuscaro no ámbito socioeconómico para o que agrupa todos os certificados de calidade, subvencións etc. que están a disposición das empresas.
Fonte: Araba Press
Boletín
Subscríbase ao boletín