Xeral
Galicia recibirá 29 millóns de euros do Estado por ter lingua propia
O xefe do Executivo, José Luis Rodríguez Zapatero, recibiu na Moncloa ao novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tras o encontro, o mandatario galego anunciou que a comunidade recibirá 29 millóns de euros adicionais do Estado por ter unha lingua propia.
Fonte: El País
O 016 atenderá tamén en árabe, chinés e linguas do leste de Europa
O servizo telefónico de información e asesoramento xurídico contra a violencia machista (016) ampliará desde xullo os idiomas de atención as 24 horas ao alemán, árabe, búlgaro, chinés, portugués, romanés e ruso.
Fonte: ADN
Sete intérpretes permitirán o debate en linguas cooficiais no Senado
Sete intérpretes permitirán que os representantes autonómicos debatan co vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, nas súas respectivas linguas cooficiais na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado.
Fonte: Trámite Parlamentario
O bilingüismo na Administración Xeral do Estado non cobre as esixencias do Consello de Europa
A capacitación bilingüe dos funcionarios da Administración Xeral do Estado supera o 90 % en Galicia e Cataluña, mentres que na Comunidade Valenciana, Baleares, País Vasco e Navarra se sitúa en torno ao 70 %.
Fonte: El País
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade pide lingua de signos e subtítulos na nova lei audiovisual
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) espera que o proxecto de Lei xeral audiovisual regule "por fin" a accesibilidade aos contidos audiovisuais, a través de subtítulos, lingua de signos e a audiodescrición, para garantir os dereitos de todas as persoas a recibir información.
Fonte: Diario Signo
A Consellería de Cultura de Galicia está satisfeita coas axudas ao audiovisual en linguas cooficiais distintas ao castelán
O conselleiro galego de Cultura, Roberto Varela, amosouse satisfeito do resultado da XI Conferencia Sectorial celebrada en Melilla polo mantemento dos criterios de repartición do fondo de axudas para o fomento do uso das linguas cooficiais distintas ao castelán no audiovisual.
Fonte: Xunta de Galicia
Os grupos nacionalistas piden usar as linguas cooficiais no Congreso ao inicio das intervencións
Unhas poucas frases en catalán, galego e éuscaro ao comezo de cada intervención é o que piden os grupos nacionalistas do Congreso como "símbolo" de recoñecemento de que, ademais do castelán, hai outras linguas oficiais en España.
Fonte: El País
CiU insta o Goberno a que garanta o uso das linguas cooficiais en todas as institucións da UE
O voceiro de Asuntos Exteriores de CiU no Congreso, Jordi Xuclà, reclamoulle ao Goberno que traballe no seo da Unión Europea para garantir o uso do catalán, éuscaro e galego en todas as institucións europeas. Na actualidade, aínda non é posible no Tribunal de Contas da UE.
Fonte: Europa Press
A Universidade Nacional de Educación a Distancia ofertará entre as súas linguas a aprendizaxe de chinés
O Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID), asociado á UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia), impartirá no vindeiro curso 2009/2010, un total de seis idiomas. Neste novo ano escolar amplíase a oferta de idiomas en tres máis: o francés, o chinés e o portugués. Ademais poderanse estudar as linguas xa impartidas ata este momento, como son o inglés, o galego e o alemán.
Fonte: La Voz de Galicia
Defensa recalca a ERC que o castelán é lingua de servizo dos militares, aínda que poden usar outras ante o público
O Ministerio de Defensa recalcoulle ao deputado de ERC no Congreso, Joan Tardà, que o castelán é a lingua que deben empregar os militares "nos actos e relacións de servizo", aínda que tamén poden utilizar as linguas cooficiais nas dependencias administrativas e con servizo ao público.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín