Xeral
O Instituto Navarro do Éuscaro e o Instituto Cervantes subscriben un convenio de colaboración
O director xerente do Instituto Navarro do Éuscaro, Xabier Azanza, e a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, firmaron un convenio de colaboración entre ambos os organismos co fin de establecer o marco de cooperación institucional para promover a lingua e a cultura vascas fóra de España, a través dos centros do Instituto Cervantes.
Fonte: Ya.com
España ten un déficit de máis de 9.000 intérpretes de lingua de signos

O presidente da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), Luis Cañón, advertiu de que España ten un gran déficit de intérpretes de lingua de signos, xa que, aínda que debería haber en torno a 10.000, actualmente están en activo tan só entre 700 e 800 destes profesionais.
Fonte: EcoDiario
ERC pide que a Canle Cultura emita nas catro linguas cooficiais
O deputado de Esquerra no Congreso, Joan Tardà, solicitará na Comisión de Cultura que a canle Cultura de RTVE opere desde o centro de Sant Cugat e sexa unha canle multilingüe que emita nas catro linguas oficiais.
Fonte: Finanzas.com
O xornal catalán Avui publica unha serie de reportaxes sobre a realidade das linguas españolas non cooficiais

O asturleonés, o aragonés e o aranés son tres linguas con recoñecementos legais diferentes que demostran que a realidade lingüística do Estado español vai moito máis alá dos idiomas oficialmente recoñecidos polos seus respectivos estatutos de autonomía. O Avui preparou unha serie de reportaxes sobre estas realidades descoñecidas.
Fonte: Avui
España traballará na súa presidencia da UE para que o castelán sexa lingua habitual de traballo nas institucións
España traballará durante a súa presidencia da UE no primeiro semestre de 2010 para que o castelán se converta en "lingua habitual de traballo" nas institucións comunitarias, avanzou a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel.
Fonte: Europa Press
O PP propón unha reforma legal que exime de estudar a lingua cooficial a residentes temporais
O Grupo Parlamentario Popular no Congreso presentou unha proposición de lei que pide que o castelán se estude en "proporcións equilibradas" ao resto das linguas cooficiais en comunidades como Galicia, Cataluña ou País Vasco, e que ademais establece circunstancias para eximir de estudar nas lenguas propias de cada comunidade.
Fonte: EcoDiario
YouTube estuda poder incorporar o catalán
A responsable en España de YouTube, María Ferreras, explicou que a compañía pensa na incorporación do catalán a este sitio web de vídeos, aínda que non quixo avanzar unha data.
Fonte: La Vanguardia
A Fundación PuntCAT presentou a campaña "Navega en catalán"
A Fundación puntCAT presentou o 23 de abril a campaña "Navega en catalán" co obxectivo de explicar os beneficios de configurar os navegadores co catalán como lingua predeterminada e describir os pasos para poder facelo en só 30 segundos.
Fonte: Asociación Puntogal
Entesa reclama que se poida controlar o Goberno no Senado en todas as linguas cooficiais
Entesa Catalana del Progrés defenderá unha moción no próximo Pleno do Senado na que reclama que os grupos parlamentarios poidan intervir nas sesións de control ao Goberno en todas as linguas cooficiais.
Fonte: Europa Press
O vasco, o catalán e o galego úsanse nas eleccións europeas e no Tribunal de Xustiza da Unión Europea
A páxina web das eleccións europeas ten dispoñible algún do seu material promocional en vasco, catalán e galego, mentres que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea anunciou que agora se poderán usar as tres linguas na correspondencia.
Fonte: Eurolang
Boletín
Subscríbase ao boletín