Xeral
O Goberno promételle a CiU seguir traballando polas linguas cooficiais na UE
O Goberno aseguroulle a CiU que continuará traballando no seo da Unión Europea para garantir o uso do catalán, o éuscaro e o galego en todas as súas institucións, incluído o Tribunal de Contas, onde na actualidade non é posible.
Fonte: Europa Press
Unha aplicación permite traducir o iPhone ao catalán
A aplicación iPhoneCat, que permite traducir todo o menú de navegación ao catalán, xa está en máis de 4.000 dispositivos. Os autores desta aplicación gratuíta aseguraron que Apple "non está interesada en facer a tradución ao catalán nin do iPhone nin do sistema operativo Mac OS X", e que, en caso de que algún día estean, eles poñen a disposición do fabricante a súa tradución.
Fonte: E-Notícies
A dobraxe ás linguas autonómicas non despega a pesar de estar apoiado pola lei
A dobraxe nas linguas autonómicas en España non logra despegar, a pesar de que a lei a promove e de que no caso de Cataluña se prevé o establecemento de cotas para dobrar ao catalán.
Fonte: El Correo Digital
O presidente do Congreso recalca que o uso de linguas cooficiais no Pleno da Cámara require cambiar o regulamento
O presidente do Congreso, José Bono, respondeu á carta que lle enviaron en xullo os grupos minoritarios pedindo que dea vía libre ao emprego das linguas cooficiais no Pleno da Cámara. No seu escrito Bono volve deixar claro que falar en catalán, vasco ou galego nas sesións plenarias require cambiar o regulamento.
Fonte: Europa Press
Televisión Española estrea o programa 'Sacalalengua' dedicado ás palabras
A partir do vindeiro martes, 8 de setembro, La 1 de Televisión Española intentará ensinarlles aos espectadores a orixe de moitas das palabras que se utilizan no español no programa 'Sacalalengua'. A primeira entrega estará dedicada aos nomes e apelidos.
Fonte: FórmulaTV
Segundo un estudo, os novos soportes tecnolóxicos empeoran a calidade da lingua española
O uso da lingua española está condicionado polas limitacións dos novos soportes tecnolóxicos, segundo o estudo ‘A calidade do español na rede. Novos usos da lingua nos medios dixitais’, de Fundación Telefónica.
Fonte: Aprendemas.com
Desenvolven o primeiro sistema de tradución de voz á lingua de signos española
Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid e a Confederación Estatal de Persoas Xordas desenvolveron o primeiro sistema automático para a tradución de voz á lingua de signos española (LSE) que lles facilitará ás persoas xordas a realización de trámites coa Administración.
Fonte: Madri+d
Preséntase a primeira Gramática da lingua de signos española
Tras o recoñecemento legal da lingua de signos española, esta gramática convértese nunha obra de referencia na normalización lingüística deste idioma. Esta publicación, composta por un libro e un DVD, é ademais dunha ferramenta de consulta un recurso fundamental para o seu ensino e aprendizaxe.
Fonte: Europa Press
O Goberno aprobará a creación dun centro para a lingua de signos española
O Goberno aprobará a creación dun centro de normalización lingüística para a lingua de signos o vindeiro mes, segundo anunciou o secretario xeral de Política Social, Francisco Moza.
Fonte: Europa Press
A iniciativa a prol dun Tuenti en todas as linguas do Estado español xa conta con 12.000 apoios
A campaña, que comezou hai uns meses para solicitarlles aos responsables de Tuenti a inclusión do galego, o catalán e mais o éuscaro, conta xa co apoio de 12.000 persoas.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín