Xeral

Desenvolven o primeiro sistema de tradución de voz á lingua de signos española

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid e a Confederación Estatal de Persoas Xordas desenvolveron o primeiro sistema automático para a tradución de voz á lingua de signos española (LSE) que lles facilitará ás persoas xordas a realización de trámites coa Administración.

Fonte: Madri+d

Xeral

Preséntase a primeira Gramática da lingua de signos española

Tras o recoñecemento legal da lingua de signos española, esta gramática convértese nunha obra de referencia na normalización lingüística deste idioma. Esta publicación, composta por un libro e un DVD, é ademais dunha ferramenta de consulta un recurso fundamental para o seu ensino e aprendizaxe.

Fonte: Europa Press

Xeral

O Goberno aprobará a creación dun centro para a lingua de signos española

O Goberno aprobará a creación dun centro de normalización lingüística para a lingua de signos o vindeiro mes, segundo anunciou o secretario xeral de Política Social, Francisco Moza.

Fonte: Europa Press

Xeral

A iniciativa a prol dun Tuenti en todas as linguas do Estado español xa conta con 12.000 apoios

A campaña, que comezou hai uns meses para solicitarlles aos responsables de Tuenti a inclusión do galego, o catalán e mais o éuscaro, conta xa co apoio de 12.000 persoas.

Fonte: Código Cero

Xeral

Unha guía gratuíta ensinará lingua de signos española a familias con fillos xordos

A Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación e a Fundación Solidariedade Carrefour presentaron no Senado a guía Lengua de signos española para familias: aprende de una forma fácil y desde casa.

Fonte: EcoDiario

Xeral

España está entre os países da UE con máis adultos que non falan outros idiomas

España figura entre os tres países da Unión Europea con maior proporción de adultos entre 25 e 64 anos que non falan ningunha lingua estranxeira, segundo os datos publicados pola oficina estatística da Comisión Europea, Eurostat, coincidindo cos actos do Día Europeo das Linguas.

Fonte: Europa Press

Xeral

O catalán é a oitava lingua máis activa nos blogs

O catalán é o oitavo idioma do mundo con maior actividade nos blogs e o décimo quinto en Wikipedia, a popular enciclopedia electrónica, o que demostra "unha presenza na rede moito maior do peso demográfico dos seus 10 millóns de falantes".

Fonte: El País

Xeral

O Estado español podería adherirse aos principios da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

A Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados aproba unha proposición non de lei para que o Estado promova nas institucións internacionais a inclusión dos dereitos lingüísticos como dereitos humanos.

Fonte: Nationalia

Xeral

España ten 2781 intérpretes de lingua de signos, un por cada 143 persoas xordas

En España hai un total de 2781 intérpretes de lingua de signos, entre profesionais acreditados por formación non regrada e titulados de formación regrada, dos que un 25,17 por cento están en activo.

Fonte: EcoDiario

Xeral

O Goberno avoga por impulsar o español no Consello de Europa

O Goberno considera que nas organizacións internacionais nas que o español non é nin lingua oficial nin de traballo, como ocorre no Consello de Europa, a prioridade debe ser promovelo, o que redundará en beneficio de todos os españois e do país no seu conxunto.

Fonte: EcoDiario

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder